Envía a túa opinión
Máis de 200 anos din que ten este magnífico magnolio situado ao pé do río Xuvia, xusto na ponte que divide os concellos de Narón e Neda. Os máis vellos do lugar aseguran que o trouxeron de Filipinas.É un dos exemplares incluidos no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras, coñecido como Magnolio de Santa Rita, é da especie "magnolia grandiflora".
Envía a túa opinión
A portavoz de Esquerda Unida de Fene Mari Carmen Martinez propón o pago do IBI por parte da Igrexa, para frear tanto recorte e tanta reforma laboral. De feito EU prepara unha iniciativa que presentará a nivel estatal, que contempla que a Igrexa cumpla co seu deber e pague os 3.000 millóns de euros anuais que lle corresponderían como empresa propietaria dun dos maiores patrimonios. MªCarmen Martínez afirma que "non é de recibo que se esixan continuos sacrificios aos que menos teñen, e ao mesmo tempo se conservan os privilexios da xerarquia da Igrexa"
Envía a túa opinión
Os usuarios do Centro Social de Fene encetan unha nova batalla para conseguir que se quede no centro a traballadora social cuxa praza está ameazada. Representantes do Centro da Torre son coñecedores, a través dos sindicatos que a no listado de persoal da Xunta de Galicia, desaparece a praza da traballadora social que para eles é unha figura imprescindible.
Envía a túa opinión
O alcalde de Neda leva hoxe a pleno unha proposta de apoio ás demandas de carga de traballo dos traballadores dos estaleiros. Ignacio Cabezón mantivo onte un encontro co comité de empresa de Navantia Fene e Ferrol, aos que trasladou o seu respaldo. Decidiu incluír na orde do día da sesión extraordinaria de hoxe unha proposta que busca a unanimidade de todos os grupos políticos e que será trasladada á Xunta de Galicia e ao Goberno central.
Envía a túa opinión
En Fene todo está preparado para a conmemoración do Dia da Muller. Cumpre 12 anos o Maratón Fene lendo Mulleres que se desenvovlerá o xoves dia 8. Como novidade, o domingo no feirón de Perlío asistiremos a un espectáculo pensado para as familias. A psicóloga municipal, coordenadora da área da muller, Eva Sayago, explícanos como será o espectáculo do domingo dia 11 na praza da escola de Perlío ás 12 do mediodía a carrego da actriz e contacontos, Raquel Queizás.