Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 22 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

Cartel da mostra de Hixinio Flores

Kibitka e Hixinio Flores protagonizan o serán cultural de Lugo

Cultura 30/07/2009
  Envía a túa opinión

A música será a protagonista da xornada de hoxe do programa “Cultura Aberta”, organizado pola Área de Cultura da Deputación de Lugo, que dirixe o nacionalista Antón Bao. “Kibitka”, unha casa migratoria que mostra a bagaxe de oito músicos que trouxeron ritmos e influencias de países tan dispares como Moldavia, Rusia, Armenia, Galicia ou Bielorusia, tomará os xardíns da Deputación a partir das 21.00 horas para achegar estas mestura musical aos que se acheguen pola cidade das murallas.


Cartaz do XXX festival de Pardiñas

Poucos dias para o festival de Pardiñas

Cultura 26/07/2009
  Envía a túa opinión

Guitiriz e Pardiñas convírtense a vindeira fin de semana na capital europea da musica máis tradicional. Á beira dun dos balnearios da localidade luguesa, acudirán os amantes do folc e da festa. O festival organizado pola asociación Xérmolos cumpre 30 anos e esperan contar cunha asistencia de máis de 25.000 persoas.


O grupo Mamá Cabra durante unha das súas actuacións

Mamá Cabra levará a súa música pedagóxica aos mais pequenos

Cultura 22/07/2009
  Envía a túa opinión

O grupo de música infantil Mamá Cabra será o protagonista dun novo mércores do programa “Cultura Aberta”, organizado pola área de Cultura da Deputación Provincial, que dirixe Antón Bao. O concerto terá lugar, como é habitual, nos xardíns da Deputación en Lugo contra as 18.30 horas. A entrada será de balde.


As asociacións gandeiras XX.AA., UU.AA. e AGACA celebraron o acordo e anunciaron o fin das moblizacións

O sector lácteo alcanza un pacto sobre o prezo medio nos contratos homologados

Sociedade 21/07/2009
  Envía a túa opinión

O tan ansiado pacto entre Goberno, industria, distribución e produtores lácteos puido acadarse onte en Madrid, trala reunión mantida por representantes de todas as partes implicadas na actual crise do sector e que afecta a mais de 10.000 familias galegas que viven das explotacións. As partes suscribiron un acordo que impulsa un prezo medio referenciado ao que haxa en Francia mais un diferencial do transporte para os contratos homologados entre gandeiros e empresas, pero non un prezo mínimo. De entre as organizacións agrarias a única discrepante foi o SLG, que cualificou o acordo como “pantomima”.


Os alumnos do Conservatorio de Vilalba interpretarán obras de frauta, guitarra e saxofón

O Museo de Lugo programa un concerto do Conservatorio de Vilalba

Cultura 21/07/2009
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Os alumnos do Conservatorio Profesional de Vilalba ofrecerán hoxe un concerto no Museo Provincial de Lugo, a partir das 20.30 horas, como parte das actividades de complemento da mostra “Xoán Guerreiro. Aluguer de soños”, organizada pola área de cultura da Deputación Provincial. A entrada será libre e gratuíta.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros