Envía a túa opinión
Mañá sábado ás doce do mediodía inaugurase de xeito oficial o roteiro que discorre polas parroquias de Reboreda, Quintela, Saxamonde, Vilar de Infesta, Cabeiro, Santo Estevo de Negros, Cedeira, San Vicente de Trasmañó e Chapela, no antigo Camiño da Auga, así chamado por atoparse anexo ás conducións de augas do río Oitavén ata Vigo.
Envía a túa opinión
A corporación municipal reunida as nove da mañá de hoxe nunca sesión extraordinaria e urxente acordou, cos votos a favor de PSOE e BNG e a abstención dos populares, poñer a disposición da administración hidráulica os terreos para a realización das obras así como solicitar á Xunta de Galicia que asuma o financiamento da totalidade da obra, cuxo investimento ascende a 1.165.000 euros. Trátase do abastecemento para os barrios de Cabanas, Cotarel e A Formiga na parroquia de Cedeira.
Envía a túa opinión
A Concellaría de Participación Cidadá e Normalización Lingúística, organiza o vindeiro venres día 3, no auditorio do Multiusos de Chapela, a proxección do filme Pradolongo. A presentación correrá a cargo do propio director, Ignacio Vilar, ás 11:30 da mañá.
Envía a túa opinión
240 nenos asistirán esta tarde á obra de teatro Canta connosco na biblioteca municipal de Soutomaior. Co gallo de conmemorar o día internacional do libro infantil e xuvenil o grupo de teatro Migallas ofrecerá este espectáculo aos rapaces dos centros escolares do municipio de idades comprendidas entre os 3 e os 5 anos.
Envía a túa opinión
O punto de venta estaba localizado nas inmediacións de Rande. Na operación policial interviñéronselle oitenta doses de heroina. Axentes da Policía Nacional detiveron en Rande a I.C.R., veciño de Redondela de 33 anos de idade como presunto autor dun delito de tráfico de drogas.