O festival de cultura atlántica Migrasóns comeza este domingo. O evento, un laboratorio arredor das culturas migrantes, promovido pola asociación Patio de Butacas, tivo un prólogo coas botaduras realizadas polo Colexio Os Casais de Maniños. A xornada do domingo desenvolveráse en Redes. As once da mañá realizaráse unha concentración de artistas que se levará a cabo de xeito simultáneo á outra beira do océano Atlántico. A sesións estará amenizada coa música do dúo de Uruguai formado por Ana Laura Diogo e Guzmán Cajtak. As doce da mañá no porto de Redes, actuará o Trópico de Grelos e presentará o festival Susana Alaniz.
A robótica é un camiño bonito, divertido, con creatividade e moitas saidas laborais, afirmou esta mañá o profesor de Tecnoloxía do IES de Fene Manuel Couceiro na recepción ofrecida pola Corporación de Fene á rapazada participante en diferentes concursos científicos. A directora do CPI A Xunqueira de San Valentín Maria Isabel Hermida agradeceu o esforzo das persoas participantes, salientando o tempo adicado por profesores e profesoras fora do horario laboral. O alcalde de Fene Juventino Trigo trasladou os parabéns do Concello, e salientou que “non hai maior premio que o traballo en equipo”. O acto concluiu coa entrega dun agasallo conmemorativo aos maís de corenta rapaces e rapazas implicados nas diferentes iniciativas.
A Corporación de Fene recibe este xoves ao profesorado e alumnado do CPI A Xunqueira e do IES de Fene que participou na First Lego League e noutros concursos de robótica. O acto terá lugar o xoves, 22 de xuño, ás 12.00 horas no salón de plenos da Casa do Concello.
A romaria pequeninha celebrase este domingo na escola da Semente en San Mateo en Narón. Abriráse ás doce e media do mediodia coa actuación do teatro de títeres Trécola, artellaráse un obradoiro de pompas de xabrón e logo servirase un xantar popular, para o que se recomenda inscrición previa.
Alá vai o Titanic! exclamou de brincadeira un dos profesores do Colexio Os Casais de Maniños ao ver como se ia a pique un dos barcos que esta mañá surcaron a ría de Ferrol. A rapazada do centro educativo armou a vela e o mastro de cada un dos sesenta buques de papel maché. Trátase da primeira actividade do festival Migrasóns organizado pola asociación Patio de Butacas que se desenvolverá ata finais deste mes en diferentes puntos da comarca de Ferrol.