As instalacións de Aldea Nova , en Sedes, serán o escenario nos vindeiros meses dun proxecto de investigación pioneiro en Europa. A iniciativa consiste en seleccionar as cepas máis resistentes, procurando “a mellora xenética da abella melífera e a súa adaptación natural para defenderse da varroa (unha das enfermidades endémicas que máis afectan ás abellas en Galicia)”.
¿Que podo facer eu contra o cambio climático? A esa pregunta intentaráse responder nas Xornadas sobre Europa e o cambio climático, organizadas para este sábado no Campus de Ferrol. O Instituto de Investigacións Científicas e Ecolóxicas (INICE) promove a actividade coa intención de concienciar á xuventude sobre o tema.
Misquious, un grupo de música de Ferrolterra naceu en 2004 como prolongación doutra banda chamada “a nev diva” baixo a que se autoeditaran tres traballos: Ephemera , la nev diva e 2001 e que recibiu a atención do selo Subterfuge para publicar un dos seus temas (“Poor Yorick”). A banda ferrolá actúa mañá venres na Sala Run Rum de Ferrol dentro do circuíto da Deputación da Coruña.
A Compañía teatral Espello Cóncavo representao vindeiro sábado no Pazo da Cultura de Narón a obra “Anxeliños”. Unha comedia satánica de Roberto Vidal Bolaño. O humor intelixente, corrosivo e mordaz do escritor non deixa indiferente a ninguén. Un pacto co diablo non é cousa de risa, pero é probable que do Pazo da Cultura os espectadores saian sorrindo.
Son os nomes do concursos organizados pola Concellería de Cultura de Ares co gallo da vindeira celebración, o 7 de novembro, do Magosto do Samaín. Os interesados en participar nalgunha destas iniciativas teñen de prazo ata o día 30 deste mes para formalizar a súa inscripción na biblioteca municipal.