Envía a túa opinión
O Rio Belelle prepárase para o seu festival. Será a terceira edición dunha cita chamada a converterse nunha das referencias musicais do verán de Ferrolterra. Os actos están organizados pola asociación cultural e etnográfica Fervenza do Belelle e conta co apoio do concello de Neda e a Deputación da Coruña. A boa musica folc e o entorno do rio son os principais atractivos.
Envía a túa opinión
Licenciado en Historia polas Universidades de Oviedo e Santiago, traballou na investigación, despois deseñando e facendo xardíns e, na actualidade, é profesor de ioga. Agora, Fernando Pubul, publica a súa primeira novela. Vén de presentala na súa terra natal, en Ares. Ata as Alianzas Aresanas desprazáronse moitos amigos do autor para dar a coñecer en sociedade "Tatuaje", que así é como se titula a ópera prima literaria do aresán.
Envía a túa opinión
Establecementos de Ferrol, Cedeira ou Fene xa ofrecen nas súas cartas o menú turístico, impulsado polo plan de dinamización do produto turístico Ferrol-Ortegal. Con este proxecto, preténdese dinamizar os establecementos das comarcas e facer chegar ós consumidores un referente de calidade á hora do xantar, identificando en todo momento aqueles produtos que son propios da zona. Os menús ofrécense durante todos os días do ano, tanto para o xantar como para a cea, e están elaborados principalmente con produtos do territorio, especificándose na carta o tipo de produto.
Envía a túa opinión
Continuan a bó ritmo as obras da base de salvamento marítimo no polígono industrial de Vilar do Colo en Fene (A Coruña). A base estratéxica de loita contra a contaminación mariña comezou a construirse en marzo deste ano. Contase con rematala o 30 de maio do 2011.
Envía a túa opinión
Máis de 200 persoas participaron nas merendas da romería do Pote e pasaron toda a xornada nas instalacións do parque. A romería de Maniños (Fene A Coruña) cumpliu este domingo, 77 anos. Entre os romeiros máis populares poidemos ver ao presentador da TVE, Xoan Barro, maniñense de pro, así como ao doutor Francisco Vizoso, que cada ano se despraza dende Gijón ao seu Maniños natal para non perderse o Pote.