Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 16 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

A-52 en Ourense (Foto Alberte)

A neve dificulta a circulación en Lugo e Ourense

Sociedade 10/02/2014
  Envía a túa opinión

Un camión que transportaba cartón envorcou á primeira hora da mañá e obrigou a cortar a Autovía do Noroeste (A-6), no municipio de Guitiriz, en sentido Madrid, segundo informou o Subsector da Garda Civil de Tráfico de Lugo. O accidente, que non produciu feridos, rexistrouse no quilómetro 537,200 da Autovía do Noroeste, practicamente na entrada á área de servizo de Guitiriz, cando o condutor do camión, cunha capacidade de carga de 12.000 quilos, perdeu o control do vehículo, que quedou envorcado sobre a calzada.



Feijoo con Gayoso

Reclaman solucións para as preferentes

Sociedade 05/01/2014
  Envía a túa opinión

Unha urxente solución para os aforradores aos que lle investiron os seus cartos en participacións preferentes, reclama o PSdeG PSOE nunha iniciativa parlamentaria na que tamén censura o proceso de venda de Novagaliciabanco. Critican os socialistas  que, a día de hoxe, "ninguén responde" aos afectados por participacións preferentes, xa que os responsables da entidade "escapan do asunto" e o Goberno galego "sitúase de perfil"


A Fundación Uxío Nonoveyra desenvolveu o proxecto

Ith Crowdfunding apoia colectivamente novos horizontes para a creación literaria galega

Cultura 22/12/2013
  Envía a túa opinión

Espreitar cara o futuro da creación literaria. Espreitar como o facía Ith, fillo de Breogán, que subido alí onde dende século tras século soben os coruñeses a divisar o horizonte infindo, na cimeira da  Torre de Hércules, albiscou a terra de Eire. E así como dende o fogar de Breogán se localizou unha terra de porvir, así tamén Uxío Novoneyra imaxinou un futuro mellor coa súa poesía. O poeta escribíu o “Poema de ITH” e agora a fundación que leva o seu nome toma o do afouto celta para botar a andar un proxecto de microfinanciamento que sirva como ferramenta para facer que ideas novas arredor da literatura cheguen ao público. "Cinta Adhesiva" e "Pulp" son os primeiros traballos que Ith Crowdfunding axuda a difundir.


O sexteto ferrolán inspírase nos versos de Cantares Gallegos

Tempo Catro leva a Lugo os seus cantos a Rosalía

Cultura 05/12/2013
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

A Asociación Socio-Pedagóxica Galega, en colaboración coa Área de Cultura da Deputación de Lugo, organizan para este sábado 7 de decembro o concerto do sexteto Tempo Catro, que terá lugar no Círculo das Artes ás 20:30 horas con entrada gratuíta. O sexteto ferrolán interpretará no Círculo das Artes unha ducia de temas do disco homónimo, que está a presentar por toda Galicia, baseado noutros tantos poemas de “Cantares Gallegos”, libro fundacional da cultura galega  do que se celebra este ano o seu 150 aniversario. En canto ao traballo de Tempo Catro, os espectadores lucenses poderán escoitar un traballo de recreación moi persoal no que a música clásica se fusiona con elementos da tradición popular e onde non faltan outros ritmos como o jazz ou o tango.


Movilización en defensa da sanidade pública

O copagamento mata, afirma o alcalde de Riotorto

Sociedade 31/10/2013
  Envía a túa opinión

A Iniciativa Galega en Defensa da Gratuidade da Sanidade, constituída o pasado sábado en asemblea en Riotorto (Lugo) para pedir á Xunta que "non aplique" o copagamento de fármacos de dispensa hospitalaria, advertiu de que "non parará" de poñer en marcha medidas de "presión" ata que o PP free a súa "cruzada" contra o sistema sanitario público. Díxoo o alcalde de Riotorto, o nacionalista Federico Gutiérrez Estoa, o primeiro rexedor de Galicia en anunciar que asumiría o copagamento dos seus veciños afectados por este decreto.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros