Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 23 de Abril de 2018

Emisoras > Radio Eume

Información da emisora Novas da emisora

Actuación de Suso Vaamonde

Cantan a Suso Vaamonde nas Pontes

Sociedade 21/05/2013
  Envía a túa opinión

O Concello de As Pontes - A Coruña- está a organizar para este venres 24 de maio unha homenaxe ao cantautor Suso Vaamonde. As protagonistas serán as Cantareiras de Alende que ofrecerán un concerto no Auditorio Municipal Alovi cun repertorio exclusivo do compositor de Ponte Caldelas. Mini e Mero sumaránse á homenaxe.


O Ceip Santa María (As Pontes) fundado en 1929 polos emigrantes na Habana

O ensino de As Pontes contra Wert

Sociedade 08/05/2013
  Envía a túa opinión

O Consello Escolar Municipal do Concello de As Pontes (A Coruña) ven de manifestar o seu respaldo á xornada de folga estudiantil convocada para o vindeiro xoves, día 9, en protesta pola Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) que pretende aplicar o Ministerio de Educación. Así se acordou no encontro deste órgano onde, de xeito unánime, se expresou o apoio á xornada de protesta convocada para esta semana, un apoio que representaron o propio presidente do CEM e edil de Servizos Sociais, José Alén, e as asociacións de pais e nais dos centros educativos ponteses, tamén representados neste encontro, xunto con integrantes dos colexios do municipio e de diferentes colectivos tamén do concello pontés.


Nubarróns sobre ENDESA

ENDESA quere recortar plantel do ciclo combinado

Sociedade 03/04/2013
  Envía a túa opinión

Dende onte e ata o vindeiro venres, día 5, os membros do Comité de empresa da factoría de Endesa en As Pontes, permanecen pechados nos locais deste comité en protesta pola pretensión da compañía de recortar a plantilla do ciclo combinado, deixándoa en 30 traballadores, dos 39 que ten na actualidade. Unha manobra que mermará unha plantilla xa nestes momentos demasiado moi escasa para atender a actividade do ciclo combinado de As Pontes.


Tres falecidos nun accidente de tráfico nas Pontes

Sociedade 10/02/2013
  Envía a túa opinión

Tres persoas, unha delas un menor, faleceron e outras dúas resultaron feridas, nun accidente de circulación ocorrido este domingo na localidade coruñesa das Pontes.Segundo informou o Servizo de Urxencias Sanitarias 061-Galicia, o suceso ocorreu pasadas as 14.30 horas deste domingo na estrada que une As Pontes con Ortigueira: Chocaron frontalmente dous vehículos minutos despois da caida dunhas fortes precipitacións en forma de saraibas.


Un abano de posibilidades

XXXIII Feira do Grelo de As Pontes

Sociedade 04/02/2013
  Envía a túa opinión

O Concello de As Pontes, ven de facer público o programa  da XXXIII Feira do Grelo de As Pontes, un conxunto de actividades nas que se mestura non só a exaltación gastronómica deste produto tan típico no municipio, senón tamén a música, as demostracións de artesanía, a venda de produtos alimentarios da comarca e ata o humor de diferentes comparsas locais. Apostouse neste 2013 por continuar na liña das feiras de edicións anteriores que tanto éxito e popularidade lograron e que, un ano máis, volverá convertir a As Pontes nun dos referentes gastronómicos de Galicia no domingo de antroido.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros