Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 22 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

Maqueta do novo hospital de Vigo

Convocan 87 prazas de acceso libre para o Sergas

Sociedade 30/06/2015
  Envía a túa opinión

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) convoca un total de 201 prazas por concurso oposición para un total de 11 categorías de diplomados e técnicos sanitarios, a maioría das cales será para auxiliares de enfermaría, con 12. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este martes a convocatoria para  a provisión destas 201 prazas de persoal estatutario do Sergas, despois de que as bases do proceso fosen negociadas e aprobadas en Mesa Sectorial. O prazo de inscrición arranca o 1 de xullo e finaliza o 20 de agosto.


Ana Miranda (BNG) e Elvira Souto (BDS-Galiza)

A Armada de Israel detén a Flotilla da Liberdade e aborda o buque no que viaxa Ana Miranda

Sociedade 29/06/2015
  Envía a túa opinión

O porto de Gaza non recibirá a axuda humanitaria e os paneis solares que transportaba a III Flotilla da Liberdade. A forza naval israelí interceptou a pasada madrugada o buque Marianne, o principal dos catro que viaxaban na misión solidaria internacional para tentar rachar o bloqueo de Israel sobre os territorios palestinos. A bordo da embarcación viaxa, entre outras representantes políticas, a eurodeputada do BNG, Ana Miranda. A embaixada española confirmou a Rumbo a Gaza que non hai feridos entre a tripulación da flotilla despois da intervención militar. Ás 20:30 horas desta tarde desenvolverase unha concentración de protesta e en solidariedade con Palestina na praza do Toural, en Santiago de Compostela. A protesta reproducirase á mesma hora en Ourense, na praza do Ferro; e ás 20 horas en Vigo, diante do MARCO, e na Coruña, ao pé do Obelisco. Tamén haberá unha concentración solidaria en Pontevedra en lugar e hora por concretar.


Alberto Garzón

Os comunistas, de festa en Vigo

Sociedade 18/06/2015
  Envía a túa opinión

Alberto Garzón acudirá á Festa do Partido Comunista o sabado en Vigo. Ven de presentarse a Festa do Partido Comunista de Galicia que terá lugar en Vigo este sábado 20 de xuño, nas dependencias da AAVV Val do Fragoso, fronte ao estadio de Balaídos. O evento, que comezará ás 11 da mañá, contará con catro mesas de debate e diversas actuacións musicais, entre as que destaca a actuación do grupo galego Ataque Escampe. A Memoria histórica, o poder popular e as Eleccións Xerais, serán os eixos dos debates.


Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo

Conxelan as taxas universitarias para o vindeiro curso

Sociedade 04/06/2015
 25 comentario/s - Envía a túa opinión

O Consello Galego de Universidades acordou a conxelación das taxas universitarias para o vindeiro curso escolar. Asimesmo demandou da Xunta de Galicia unha maior intensidade do investimento en educación ao entender que os orzamentos destinados ao coñecemento son esenciais para garantir o progreso da sociedade.


#NEThinking celébrase hoxe e mañá

Un lustro de reflexión arredor da nosa nova vida dixital

Cultura 29/05/2015
 4 comentario/s - Envía a túa opinión

#NEThinking regresa á Illa de San Simón, no concello de Redondela, para celebrar a quinta edición deste foro de referencia baseado no debate multidisciplinar e aberto sobre o contorno dixital que se desenvolverá hoxe venres e mañá sábado. Promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Cultura, #NEThinking botará a vista atrás ao longo deste último lustro para reflexionar sobre os cambios na internet, así como nos códigos, linguaxes, relacións e negocios no camiño virtual. Con este fin, o encontro contará con algunhas das figuras máis influentes do escenario dixital, desde comunicadores e bloggers ata artistas, que conforman a “Comunidade #NEThinking” e que suma aos seus habituais compoñentes novas incorporacións. O evento pódese seguir a través das redes sociais coa etiqueta #nethinking5 e en vídeo a través do streaming da súa web.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros