Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 16 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Neria

Información da emisora Novas da emisora

Laudas en Noia. Fotografía Ovidio Aldegunde

Mollo, mollas, molla

Sociedade 30/09/2012
  Envía a túa opinión

O xurado do certame fotográfico "Móllate polo galego" delibera examinando as imaxes presentadas ao concurso. O primeiro premio recibirá o aloxamento para 2 persoas na Casa A Pousadoira (Callobre Miño). O segundo recibirá unha tablet doada pola academia de informática Castelao e o terceiro unha cea para 2 persoas no Restaurante O Furancho de Rianxo.


Algúns dos participantes na xornada "Móllate polo galego" en Rianxo

Móllate polo galego!

Sociedade 22/09/2012
  Envía a túa opinión

Máis de 100 persoas participaron esta tarde na xornada "Móllate polo galego" celebrada na praia de Tanxil e organizada pola plataforma Vitaminas para o galego e máis polo Concello da localidade. Xentes de todas as idades e practicantes de parapente e de windsurf déronse cita nunha actividade convocada para apelar á cidadanía sobre a necesidade de poñer en valor e utilizar o noso idioma. Entre eles atopábase o alcalde de Rianxo Adolfo Muiños.


Tonhito de Poi, Adolfo Muiños e Pablo do Paso

O sábado 22, a mollarse na praia do Tanxil

Sociedade 14/09/2012
  Envía a túa opinión

"Móllate polo galego". Baixo ese lema os medios integrantes de Vitaminas para o galego convocan unha xornada que se celebrará o sábado dia 22 ás 16,30 horas na praia do Tanxil en Rianxo. Quérese congregar alí a xente disposta a darse un baño, homes e mulleres, nenos e nenas convencidos de mollarse polo galego. Ademáis ábrese un certame fotográfico con ese mesmo lema.O Concello de Rianxo agasallará ás persoas que se acheguen cunha camisola co lema, ata rematar existencias.


Pablo do Paso, Adolfo Muiños e Tonhito de Poi

Esta terra ten nai, afirmou a tía de Tonhito de Poi

Sociedade 12/09/2012
  Envía a túa opinión

"Esta terra ten nai" indicou a tía de Tonhito de Poi, despois de coller coas mans a terra, ulila, e aludir así á boa calidade do terreo. O vocalista de Herdeiros da Crus relatou a anécdota na Casa do Concello de Rianxo, no acto de presentación da campaña "Móllate polo galego".


Vitaminas para o galego

Móllate polo galego en Rianxo

Sociedade 10/09/2012
  Envía a túa opinión

O vindeiro mércores, 12 de setembro, será presentada no Concello de Rianxo, ás doce do mediodía, a campaña "Móllate polo galego", destinada a aumentar a sensibilidade dos mozos polo idioma galego. Na presentación estarán o músico e actor Tonhito de Poi, ex compoñente de Heredeiros da Crus que agora milita en Rasa Loba; o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, e un dos integrantes de Certo, diario dixital do Barbanza que colabora na plataforma organizadora, Vitaminas para o galego.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros