Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 24 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Arzúa

Información da emisora Novas da emisora

Festa do Queixo de Arzúa

La Pegatina e Leilía, na Festa do Queixo de Arzúa

Sociedade 18/02/2014
  Envía a túa opinión

Trinta e nove edicións leva a Festa do Queixo de Arzúa e a participación de grupos musicais de éxito e de diferentes estilos fai que ano tras ano continue congregando na localidade a milleiros de visitantes. O festival comeza o sábado 1 de marzo no Campo da Feira coas actuacións dos vallisoletanos Arizona Baby e os cataláns La Pegatina. Ao remate, na Praza de Galiza, terá lugar a actuación do grupo de A Guarda The Winning Numbers, gañador do  ‘Queixo Maquetón 2014’, que bateu marcas de participación con 263 bandas inscritas! Pecharase a noite coa sesión DJ de Marta Fierro -EME DJ- nese mesmo escenario.


Non se sabe onde repousan os restos de Prisciliano

Descubrimentos en Compostela

Sociedade 15/02/2014
  Envía a túa opinión

Segundo a lenda, no ano 813 o ermitaño Paio descubriu o sepulcro de Santiago o maior no lugar de Sanfiz de Solovio, en Compostela. Na mesma cidade en 2014 descúbrese un novo medio de comunicación. Nace unha radio universitaria, con vocación de facer camiño.


Fotografia: Europa Press

Sete detidos en Melide e Lalín tras liberar a un empresario secuestrado

Sociedade 24/01/2014
  Envía a túa opinión

A Garda Civil confirmou a detención de sete persoas como presuntas autoras de detención ilegal no marco da operación articulada para liberar un empresario que ten un serradoiro en Cambre (A Coruña). Fora secuestrado o pasado sábado e foi localizado e liberado nun galpón en Lalín (Pontevedra) a pasada noite. Aínda que a operación segue aberta, os detidos ata o momento son sete, teñen nacionalidade española e idades próximas aos 60 anos; entre eles atoparíase un matrimonio maior que se encargaba de custodiar o refén. Ademais, durante a liberación incautouse unha pistola.


Accidente de Angrois o 24 de xullo do 2013

As responsabilidades de Renfe e do goberno

Sociedade 17/01/2014
  Envía a túa opinión

O xuiz do caso do accidente de tren de Santiago de Compostela dalle tres dias a Renfe para entregarlle todas as comunicacións, actas e informes relacionados coa advertencia sobre o risco da zona de Angrois, enviada ao seu superior polo xefe de maquinistas de Ourense. A alerta falaba do risco da curva da Grandeira, e da súa insuficiente sinalización. Non se adoptaron medidas e o pasado 24 de xullo o Alvia descarrilou provocando 79 mortos.


A conselleira de Economía e Facenda Elena Muñoz no Parlamento

Os contos das contas da Xunta

Sociedade 26/11/2013
  Envía a túa opinión

O proxecto de presupostos de Galicia para 2014 salvou, cos votos da ampla maioría popular, as emendas á totalidade que pedían a devolución presentadas por cada un dos grupos da oposición, e agora comezan o período de modificación parlamentaria no que as contas incorporarán algunhas novidades, como unha emenda do grupo maioritario pola que se facilita aos concellos a rescindir "voluntariamente" os contratos de xestión dos lixos con Sogama.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros