Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 19 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

Cociña da casa Picasso na Coruña

O primeiro Picasso na Coruña

Sociedade 18/02/2015
  Envía a túa opinión

Pablo Ruiz Picasso viviu na Coruña entre 1891 e 1895 pero eses catro anos marcaron a súa vida,  tal e como se plasma na exposicion "El primer Picasso. A Coruña 2015" que mañá xoves se abre no Museo de Belas Artes da cidade herculina. A mostra reúne máis de 200 pezas -81 delas do propio Picasso- que xiran a redor de catro grandes eixos artísticos: a súa obra na Coruña, a obra posterior ao seu paso pola cidade pero que garda relación co período galego, a obra doutros pintores galegos contemporáneos á estancia do artista na cidade, e material variado do século XIX vinculado coa obra realizada polo autor malagueño en Galicia


Fachada da igrexa de Chamín

Unha muller de oitenta anos morre nun incendio en Arteixo

Sociedade 12/02/2015
  Envía a túa opinión

Unha muller de 80 anos de idade faleceu na madrugada deste xoves e dúas persoas foron evacuadas debido a un incendio rexistrado nun domicilio do municipio coruñés de Arteixo, no lugar de Chamín. Tras recibir o aviso do incendio uns minutos pasadas as tres da madrugada, o 061 desprazou ao lugar unha ambulancia asistencial e outra medicalizada, ademais de persoal sanitario da PAC de Arteixo.


Real Academia Galega

A Academia urxe medidas para a promoción do galego

Sociedade 30/01/2015
 17 comentario/s - Envía a túa opinión

"Estamos certos de que a inmensa maioría das xentes do país –independentemente da súa ideoloxía ou mesmo do idioma que falan– valoran a lingua, téñenlle lei e desexan que siga vivindo" afirma a Real Academia Galega nunha declaración institucional feita pública nesta xornada. Fanse eco do precoupante descenso no seus uso nos últimos anos.


O concurso en 2014

O V Concurso de Pulpeiras/os celébrase na Coruña no mes de marzo

Sociedade 13/01/2015
  Envía a túa opinión

O Fórum Gastronómico da Coruña celebra a quinta edición do Concurso de Pulpeiras/vos que buscará, un ano máis, ás mellores pulpeiras e pulpeiros de Galicia. O concurso está aberto a profesionais galegos especializados na coción e o servizo de polbo e a aqueles que desenvolvan a súa actividade en Galicia. A cita para esta nova edición do Concurso será o próximo 15 de marzo, no auditorio do recinto de ExpoCoruña, durante a primeira xornada de Fórum Gastronómico Coruña 2015.


Isaac Díaz Pardo (Fotografía: Ovidio Aldegunde)

Isaac, alento e froito

Cultura 07/01/2015
  Envía a túa opinión

"Isaac é el mesmo pero o seu alento e froito ramifícanse e corren coma o río, como a voz dun pobo, dunha loita, un sacrificio, unha vitoria sobre a negra sombra, coa arte, a vida, a pluma e a palabra". Afirmabao así a asociación cultural Fuco Buxán nun libro titulado "Isaac Diaz Pardo. Homenaxe galega" editado no 2007 en Ferrol e coordenado por Rosa Méndez.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros