6 comentario/s - Envía a túa opinión
Se queren falar do caso Gürtel, miren para Valencia, porque en Galicia non hai nada do que falar. Na comunidade gobernada por Francisco Camps xa rodou a cabeza do seu número dous, Ricardo Costa, relacionado directamente co Bigotes, un dos máximo responsables de presunta trama corrupta de financiamento do Partido Popular. Mentres en Galicia, o PPdeG considérase víctima e non parte do Gürtel. Ese argumento é o que manexan todos os representantes públicos do partido nas súas comparecencias.
7 comentario/s - Envía a túa opinión
A degustación do marisco fresco a prezos populares, é sen dúbida, o maior atractivo da Festa do Marisco de O Grove que se celebra todos os meses de outubro dende 1963. Na década dos 80 declaráronna de Interese Público Nacional. A pesares de contar con todo tipo de actividades lúdicas, o primeiro plano acadáo o exquisito sabor dos manxares da Ría de Arousa. Poetas ilustres como Ramón Cabanillas ou Valle-Inclán xa cantaron as excelencias do marisco da zona. Ata 200 mil visitantes rexístranse ao longo dos sete días de festexos. Chegan autocares desde todos os puntos de Galicia e de fóra. Este é o caso dos veciños e veciñas de Foz A Concellería de Cultura deste pobo da mariña lucense organiza unha excursión a esta cita gastronómica. A viaxe, de tres días, o 10, 11 12, inclúe tamén a visita a pobos de Portugal como, Ponte de Limia, Guimaraes, Amarante e Vila Real. O prezo por persoa ascende a 120 euros por persoa en réxime de media pensión. O interesados / as terán que amencer cedo porque a saída está prevista ás 6 da mañá o vindeiro sábado 10 de outubro
6 comentario/s - Envía a túa opinión
O escritor Lois Dieguez pronunciará ás oito desta tarde o pregón oficial das festas do San Froilán 2009 dende o palco da Praza Maior, ao estar en obras a Casa do Concello. Lugo abre así unha semana de festexos que atraerán á cidade numerosos visitantes de Galicia, León e Asturias.
7 comentario/s - Envía a túa opinión
O Peixe espada será o protagonista na Ponte do Pilar na localidade da mariña lucense de Burela. O 9, 10 e 11 de outubro este concello celebrará as xornadas gastronómicas adicadas a este peixe. O obxectivo deste evento culinario consiste en difundir esta especie e dar a coñecer o labor que fan os barcos espadeiros de Burela.
7 comentario/s - Envía a túa opinión
A Sala Bahía de Foz acolle mañá sábado un evento de caché, a actuación da Banda Alcayata formada por Iván e Josito, cantautores lucenses. Dúas guitarras clásicas, percusión, clarinete e clarinete baixo forman este dúo. Segundo explicou para Radiofusión, Anxo Rivas de Radio Foz, Alcayata dan a súa visión particular deste mundo que nos rodea mesturado o humor e a crítica social. Un concerto que non vai deixar indiferente a ninguén, afirma Rivas. A cita, mañá sábado 19 de setembro ás nove e media da noite na Sala Bahía de Foz