Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

Imaxe da reunión dos representantes de Paradanta e Koama no CETAL

Xamóns pontevedreses cociñados en Lugo gracias ao CETAL

Sociedade 16/07/2009
  Envía a túa opinión

A empresa pontevedresa Xamóns e Embutidos A Paradanta e a lucense Koama acudiron ao Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo (CETAL) para que exercese a súa labor como mediador “para conseguir un novo ciclo produtivo entre as dúas”, segundo explicou o Director Xeral do Centro, Eduardo Vidal  Baamonde.


As mulleres con fillos poderán participar neste programa do SGI

Xa está aberto o prazo para acollerse ao programa de vacacións para mulleres soas do SGI

Sociedade 15/07/2009
  Envía a túa opinión

O Servizo Galego de Igualdade (SGI) puxo en marcha o seu Programa de vacacións para mulleres soas con responsabilidades. O número de prazas é de 95 e os requisitos para poder participar son que estean domiciliadas en Galicia; que teñan ao seu cargo exclusivo fillos menores entre os 2 e os 12 anos; dispoñer dunha renda que, tendo en conta todos os ingresos do conxunto da unidade familiar, dividido polo número de membros que a compoñen, non supere o SMI (624 €) e non padecer, nin a solicitante nin os seus fillos, enfermidade que requira illamento ou que impida a normal convivencia.


O guitarrista galego, Rubén Abel Pazos

O Concello de Vilalba acolle a actuación do guitarrista Rubén Abel Pazos, incluida dentro do programa Via Stellae 2009

Cultura 15/07/2009
  Envía a túa opinión

Vilalba acollerá un dos concertos do Via Stellae 2009. O guitarrista estradense Rubén Abel Pazos fará un repaso dos grandes mestres españois da guitarra, e tamén interpretará diferentes obras de Johann Sebastian Bach o vindeiro sábado 18 de xullo, na Igrexa de Santa María.


Preto de 1.500 persoas manifestáronse en Estrasburgo en defensa do sector lácteo

200 tractores maniféstanse na xornada de composición do Parlamento Europeo

Sociedade 15/07/2009
  Envía a túa opinión

O SLG (Sindicato Labrego Galego), por medio da súa representante Lidia Senra, participou na xornada de protesta de onte en Estrasburgo, durante a composición do Parlamento Europeo, cunha manifestación convocada pola Coordenadora Europea Via Campesina. Na marcha participaron máis de 1.500 persoas e uns 200 tractores, que percorreron as principais rúas da cidade francesa e que rematou fronte ao organismo comunitario para reclamar solucións para a actual crise do sector lácteo.


Os xogos serán unha das principais actividades do campamento de Xermade

Xermade pon en marcha o IV Campamento Rural de Verán

Sociedade 15/07/2009
  Envía a túa opinión

O Concello de Xermade puxo en marcha a IV edición do seu Campamento Rural de Verán para rapaces de entre os 3 e os 16 anos. Esta iniciativa  desenrolarase entre o 3 e o 14 de agosto en horario de mañá, de 10.30 a 14.00 horas. Este ano contará con actividades centradas na reciclaxe, xunto con obradoiros ou deportes.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros