Dúas marchas prográmanse nas Rutas de sendeirismo outono 2009 do Concello de Fene. A primeira camiñata é a ruta dos Cerqueiros en Monfero. O percorrido iníciase no Mosteiro de Monfero, ata chegar a Pila de Leña. Dende o lugar da Portela descenderase polos Cerqueiros entre piñeiros e con boas vistas do encoro. Chegarase ata á desviación dos Esterqueiros para descender xa na Fraga do Monte Carboeiro. Un enclave para contemplar a frondosidade dos carballos e castiñeiros e sobre todo os ameneiros que forman un precioso bosque de ribeira. O seguinte punto do percorrido será a Fraga de Teixeiro. Baixarase pola fraga ata o encoro, sendo este un tramo dos máis espectaculares. Iniciarase a subida entre prados ata O Aguillón e dende aquí ata o lugar da Portela onde agarda o autobús que levará aos sendeiristas ao Monfero Rural.
Bart Davenport é un dos moi poucos cantantes da actualidade que remite directamente á onda media da radio dos anos 70 sen soar obsoleto ou pasado de moda. Os seus discos rememoran os veráns dunha xuventude despreocupada, feliz, na que un goza do sol durante o día e do baile toda a noite, pero tamén da melancolía que chega co seu final. "Palace", o seu cuarto disco, representa xustamente iso: unha primeira metade máis soleada e rítmica e unha segunda máis sombra e melancólica. Davenport actúa mañá sábado no Pub Manchita Cosa de Ferrol ás dez da noite.
É o lema do Día Mundial da Saúde Mental que se celebra mañá, 10 de outubro. Segundo a Confederación de Asociacións de Persoas con Enfermidade Mental e Familiares (FEAFES), no noso país alomenos un 15 por cento da poboación padecerá un trastorno mental ao longo da súa vida e un 3 por cento dos adultos sofrirá algún trastorno grave que dificultará intensamente a súa vida en aspectos básicos como as relacións sociais, o emprego ou a vivenda autónoma.
Reutilización da antiga Astano pola iniciativa privada, pero con carácter temporal e complementario ao contido público. Esa é a alternativa que esta mañá plantexou nun comunicado a asociación empresarial Iniciativa do Noroeste. A SEPI tería que abrir un concurso entre as empresas interesadas en utilizar o estaleiro, na liña da proposta presentada esta semana polo presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo.
Crucia Teatro representa esta fin de semana en Fene á súa última obra, “Paralizados”. Trátase dunha comedia na que “tres sobriños, un mordomo cobizoso e un médico de dubidosas tendencias na arte amatoria confabúlanse para roubar a fortuna dunha tía ricachona”.