Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 27 de Abril de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

Preto de 1.500 persoas manifestáronse en Estrasburgo en defensa do sector lácteo

200 tractores maniféstanse na xornada de composición do Parlamento Europeo

Sociedade 15/07/2009
  Envía a túa opinión

O SLG (Sindicato Labrego Galego), por medio da súa representante Lidia Senra, participou na xornada de protesta de onte en Estrasburgo, durante a composición do Parlamento Europeo, cunha manifestación convocada pola Coordenadora Europea Via Campesina. Na marcha participaron máis de 1.500 persoas e uns 200 tractores, que percorreron as principais rúas da cidade francesa e que rematou fronte ao organismo comunitario para reclamar solucións para a actual crise do sector lácteo.


Os xogos serán unha das principais actividades do campamento de Xermade

Xermade pon en marcha o IV Campamento Rural de Verán

Sociedade 15/07/2009
  Envía a túa opinión

O Concello de Xermade puxo en marcha a IV edición do seu Campamento Rural de Verán para rapaces de entre os 3 e os 16 anos. Esta iniciativa  desenrolarase entre o 3 e o 14 de agosto en horario de mañá, de 10.30 a 14.00 horas. Este ano contará con actividades centradas na reciclaxe, xunto con obradoiros ou deportes.


O Senador do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza

Pérez Bouza pide explicacións a Renfe sobre a exclusión de Lugo da promoción “100 escapadas”

Sociedade 15/07/2009
  Envía a túa opinión

O senador do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza, rexistrou onte unha iniciativa parlamentaria na Cámara Alta para preguntarlle a Renfe por qué razón non incluíu a Lugo na promoción denominada “100 Escapadas”, consistente nunha oferta combinada de billete de tren e hotel, cando Lugo conta cunha abundante oferta turística.


Os vilalbeses terán a posibilidade de probar un novo deporte: o piragüismo

Aínda está aberto o prazo para os cursos de piragüismo de Vilalba

Sociedade 10/07/2009
  Envía a túa opinión

O límite de inscrición para apuntarse aos cursos de piragüismo organizados polo Concello de Vilalba rematarán o vindeiro venres, 17 de xullo. Impartidos por especialistas da Federación Galega de Piragüismo, os únicos requisitos que se piden para poder participar son ter mais de 8 anos, saber nadar e pagar as taxas dos cursos, que ascenden a 8 euros.


Eduardo Vidal, no centro da imaxe, nunha reunión na sede do CETAL

Intensifícanse as xuntanzas no seo do CETAL para definir a liña de traballo a seguir

Sociedade 10/07/2009
  Envía a túa opinión

O responsable do Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo (CETAL), Eduardo Vidal Baamonde, continuou co calendario de reunións cos membros do padroado da Fundación CETAL. O motivo destas xuntanzas é conseguir un intercambio de visións e opinións sobre o desenvolvemento deste organismo e as liñas de traballo baixo as que se quere continuar.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros