Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 24 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

O delegado paralizou un camión de recollida do lixo

Os traballadores de Urbaser maniféstanse este venres en Redondela en apoio ao seu representante suspendido de traballo e soldo

Sociedade 02/07/2009
  Envía a túa opinión

Así o acordaron os empregados da empresa encargada da recollida do lixo do noso Concello nunha xuntanza que celebraron o martes pola tarde despois de que o seu delegado, Victor Manuel Fuentes Viaño, fora suspendido de emprego e soldo durante 30 días por paralizar un camión de recollida de lixo durante máis de media hora o pasado mes de abril. En solidariedade con Victor Manuel, os seus compañeiros concentraranse diante da empresa, situada na rúa Juan Manuel Pereira o venres 3 de xullo a partir das 13.00 horas. Antes deste acto, os manifestantes esperarán polos seus compañeiros da quenda de mañá na Rúa Pai Crespo, nas inmediacións do Bar Niza, desde onde percorrerán o centro de Redondela ata rematar na Praza da Farola ás 13.15.


A parroquia de Redondela quere preservar a súa contorna

Veciños de Chapela maniféstanse esta mañá en Santiago contra a ampliación da AP-9

Sociedade 02/07/2009
  Envía a túa opinión

A plataforma de afectados tiña previsto manifestarse onte pola parroquia pero ante a negativa da Subdelegación do Goberno decidiron pospoñer a marcha para o venres día 10 de xullo.


A infraestrutura é o símbolo da vila redondelá

O PP reclama a rehabilitación do viaduto Madrid e o goberno culpa do seu deterioro á Xunta de Fraga

Institucional 30/06/2009
  Envía a túa opinión

Sesión ordinaria de trámite a vivida onte en Redondela na que os populares acusaron ao goberno local de permitir o deterioro do viaduto Madrid “a pesar de levar 22 anos prometendo e anunciando proxectos diversos para a infraestructura”. Recriminaron ademais a PSOE e BNG que a pesar de producirse desprendementos nas últimas semanas non teñan esixido aos responsables do Ministerio que acometan unha reforma profunda do viaduto e “se contenten coa colocación dunha rede que non atalla o problema”.


As relacións da empresa e do persoal de Urbaser caracterízanse pola conflictividade

Urbaser expedienta ao seu delegado de persoal en Redondela

Sociedade 30/06/2009
  Envía a túa opinión

Urbaser expedienta ao seu delegado de persoal pola paralización dun camión. O traballador, suspendido de emprego e soldo, asegura que foi atropelado por un vehículo da recollida do lixo e anuncia que recorrerá a sanción.


Autobús de turismo en Brasil

Búscanse técnicos en turismo menores de 30 anos

Sociedade 29/06/2009
  Envía a túa opinión

O concello de Redondela convoca dúas bolsas para a realización de prácticas na oficina de turismo. Poden optar a estas prazas aquelas persoas que estean diplomadas en turismo ou que posúan o título de técnico superior en información e comercialización turística e que sexan menores de 30 anos. As prácticas desenvolveránse por un período de 5 meses e contan cunha retribución de mil euros mensuais.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros