Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 26 de Abril de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

Un dos vehículos implicados foi un Audi A6

Un ferido grave nun accidente na N-552 entre Vigo e Redondela

Sociedade 24/06/2009
  Envía a túa opinión

Un accidente múltiple que se producía na mañá de hoxe na N-552 á altura de Cedeira deixa un balance de tres feridos, dous adultos e un neno, un deles con pronóstico reservado.


O presidente do estaleiro vigués galeguizou a comunicación da empresa

O médico Emilio González e o presidente de Barreras, Xosé Francisco González reciben os premios Lois peña Novo

Cultura 24/06/2009
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

A Fundación destaca o seu labor a prol do idioma no ámbito sanitario e empresarial. Prémiase tamén ao concello da Estrada pola súa defensa da identidade lingüístice. O médico psiquiatra Emilio González Fernández recibe o premio Lois Peña Novo polo seu traballo a prol do emprego do galego no ámbito da sanidade. O xurado da XV edición destaca que dende “hai anos escribe as historias clínicas, os informes e as receitas da súa praxe asistencial en galego” nun sistema sanitario no que de xeito sistemático se lles nega aos usuarios “a cultura que está detrás da lingua”.



Redondela prohibiu facer lume nas praias

Redondela viviu a noite de San Xoán coa celebración de 45 cacharelas

Sociedade 24/06/2009
  Envía a túa opinión

Poucas incidencias nunha noite de festa que se prolongou ata altas horas da madrugada. Tan só hai que lamentar un incendio nun colector de vidro en Pasan e a intervención policial para impedir a celebración dunha fogueira na praia de Arealonga


A carreira popular celebraráse o vindeiro domingo dia 28

Máis de 200 atletas participarán na II carreira popular Vila de Redondela

Deportes 23/06/2009
  Envía a túa opinión

A II carreira popular Vila de Redondela contará coa participación de aló menos 200 corredores. Os participantes realizarán un percorrido de seis kilómetros que partirá dende o centro da vila en dirección a praia da Punta. A piscina municipal en colaboración coa concellería de deportes organizan o vindeiro domingo día 28 ás 10:30 horas a II carreira popular vila de Redondela. Os participantes deberán percorrer seis kilómetros polas principais rúas do centro para continuar posteriormente ata a Punta da praia de Cesantes onde os corredores darán a volta para regresar ao punto de orixe, onde estará situada a meta.


Bolboreta participou no Festival de patinaxe de Soutomaior

O club Bolboreta queixase da suspensión do festival de fin de curso

Deportes 22/06/2009
  Envía a túa opinión

A falta de previsión do Concello obriga a suspender o festival de fin de curso do Club de patinaxe Bolboreta. Un mal entendido ou a falta de coordinación entre o concelleiro de deportes e o departamento técnico que leva a concellería provocou un enfrontamento polo uso das instalacións do pavillón de deportes de Chapela. O club Bolboreta tiña solicitado no concello o uso das instalacións deportivas para a tarde do venres día 5 de xuño, sen embargo unha vez no lugar decatáronse de que o edil Carlos González tiña concedido de palabra o uso do pavillón a uns pais do Colexio de Chapela.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros