Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 22 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

Francisco González, secretario do curso, Xosé Ramón Gómez Besteiro, presidente da Deputación de Lugo, Regina Polín, alcaldesa de Guitiriz, Carlos Herrero, vicereitor do campus de Lugo da USC e Roxelio Moreira, profesor da USC

O campus de verán da USC en Guitiriz comeza hoxe co curso “Cultura e Paisaxe”

Sociedade 07/07/2009
  Envía a túa opinión

O curso “Cultura e Paisaxe” inaugurou hoxe a primeira edición do Campus de Verán da Universidade de Santiago de Compostela (USC) en Guitiriz. Ademais deste seminario, a vila chairega tamén acollerá as formacións “Xestións das augas residuais no ámbito rural”, do 13 ao 15 de xullo, e “Comunicación e Deporte”, do 17 ao 19 de xullo. O presidente da Deputación de Lugo, Xosé Ramón Gómez Besteiro; a alcaldesa da vila, Regina Polín, e o vicereitor do campus de Lugo da USC, Carlos Herrero, foron os encargados de abrir o período académico estival guitiricense.


Adam Sanjurjo recibe un un trofeo na tempada anterior

Sanjurjo e Martín en individuais e Pena e Nogueira en dobres fanse co Galego de Tenis Cadete disputado en Vilalba

Cultura 06/07/2009
  Envía a túa opinión

Adam Sanjurjo, Rocío Martín e a parella formada por Pena e Nogueira, coroáronse, este fin de semana nas instalacións do Club de Tenis Vilalbés, como os mellores tenistas galegos cadetes. Foron 65 os rapaces que acudiron á capital chairega, desde o 29 de xuño ao 4 de xullo, para desputarse o trofeo que os acreditase como as mellores raquetas do panorama galego.


O Conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez

Miguel Fernández asume o cargo de Xerente do Padroado da Centro Tecnolóxico da Carne

Sociedade 06/07/2009
  Envía a túa opinión

O conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, que presidiu a primeira xuntanza do Padroado da Fundación Centro Tecnolóxico da Carne (Ceteca) na nova lexislatura, nomeou formalmente ao novo Director Xerente desta institución, Miguel Fernández, que tamén asumirá o cargo de secretario do Padroado. No decurso da reunión foi cesado o anterior delegado executivo, Alfredo Rúa.


A alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín.

Regina Polín acusa ao PP de Begonte de cinismo no tema da subvención do programa “Concellos Saudables”

Sociedade 06/07/2009
  Envía a túa opinión

A alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín, saíu ao paso das queixas do Partido Popular de Begonte nas que achacaba a perda da subvención do programa da Xunta “Concellos Saudables”, de 60.000 euros,  á falta de acción do edil desta vila chairega, José Antonio Vázquez García. A responsable guitiricesa acusou aos populares begontinos de actuar con “cinismo” e non explicar o sucedido.


Imaxe do centro de Guitiriz

Achegar o rural a Guitiriz, principal obxectivo do PXOM debatido onte

Sociedade 03/07/2009
  Envía a túa opinión

O Plan Xeral de ordenación Municipal (PXOM) do Concello de Guitiriz, que foi sometido a debate polo pleno de onte, terá como principal obxectivo a introdución dos núcleos rurais no Concello, desenrolando diversas zonas de expansión que permitirán o seu crecemento e a súa integración na vila, tal e como estableceu a alcaldesa, a socialista Regina Polín. Outra das novidades será a creación dun Sistema de Información Geográfica (SIG) que permitirá aos veciños do municipio poder atopar ou consultar o estado das súas parcelas, algo que tan só posúen dous concellos en Galicia: Abegondo e Santiago de Compostela.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros