Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 22 de Abril de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

A alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín.

Regina Polín acusa ao PP de Begonte de cinismo no tema da subvención do programa “Concellos Saudables”

Sociedade 06/07/2009
  Envía a túa opinión

A alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín, saíu ao paso das queixas do Partido Popular de Begonte nas que achacaba a perda da subvención do programa da Xunta “Concellos Saudables”, de 60.000 euros,  á falta de acción do edil desta vila chairega, José Antonio Vázquez García. A responsable guitiricesa acusou aos populares begontinos de actuar con “cinismo” e non explicar o sucedido.


Imaxe do centro de Guitiriz

Achegar o rural a Guitiriz, principal obxectivo do PXOM debatido onte

Sociedade 03/07/2009
  Envía a túa opinión

O Plan Xeral de ordenación Municipal (PXOM) do Concello de Guitiriz, que foi sometido a debate polo pleno de onte, terá como principal obxectivo a introdución dos núcleos rurais no Concello, desenrolando diversas zonas de expansión que permitirán o seu crecemento e a súa integración na vila, tal e como estableceu a alcaldesa, a socialista Regina Polín. Outra das novidades será a creación dun Sistema de Información Geográfica (SIG) que permitirá aos veciños do municipio poder atopar ou consultar o estado das súas parcelas, algo que tan só posúen dous concellos en Galicia: Abegondo e Santiago de Compostela.


O tenis será o protagonista do deporte vilalbés na fin de semana

Vilalba acolle a fase final do Campionato Galego Cadete de Tenis

Deportes 03/07/2009
  Envía a túa opinión

As pistas do Club de Tenis de Vilalba acollen a fase final do Campeonato Galego de Tenis. Desde as 17.00 horas de hoxe estarán en marcha as semifinais feminina e masculina. Eva Vilar e Ana Vigo saltarán á pista 1 para dilucidar quen disputará a final a Rocío Martín e Tamara Álvarez, que xogan o outro partido na pista 2. En canto aos homes, será a partir das 18.00 horas cando Adam Sanjurjo e Iñaki Pena comecen a competir na penúltima rolda do torneo. Pola outra cara do cadro esperaralles Ángel Montero, que loitará o pase á final, a partir das 19.00 horas, fronte a Pedro Enjenaro ou Carlos Tajes, que xogan os cuartos desde as 17.00 horas na pista 3.


Marta González, Isabel Vilalba e Ana Eiras, durante a reunión

O SLG valora positivamente o encontro mantido coa Secretaria Xeral de Igualdade

Sociedade 03/07/2009
  Envía a túa opinión

O Sindicato Labrego Galego (SLG), por medio de Isabel Vilalba Seivane, Responsable da Secretaría das Mulleres e de Servizos ao Rural e Soberanía Alimentaria, e Ana Eiras Regueira, coordinadora técnica da Secretaría das Mulleres do SLG, trasladou a necesidade de acadar a titularidade compartida real nas explotacións agrarias e gandeiras á Secretaria Xeral de Igualdade, Marta González Vázquez.


A deputada do BNG en Compostela, Tereixa Paz

O BNG solicítalle á Xunta a creación dun xulgado de violencia de xénero en Lugo

Sociedade 03/07/2009
  Envía a túa opinión

O BNG presentou unha iniciativa na que lle demanda á Xunta de Galicia un xulgado específico de violencia de xénero en Lugo e noutras cidades galegas como Ourense, Pontevedra, Santiago e Ferrol. A encargada de trasladar esta demanda foi a portavoz do BNG na Comisión de Xustiza do Parlamento Galego, Tereixa Paz.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros