Día luctuoso para a familia e amigos do xoven de Perlío, Iván Arnoso López, finado o 12 de agosto de 2007 nun accidente na siderúrxica Megasa(Narón). Ás nove e media da mañá unha coroa de frores colocada polos seus pais diante da fábrica lembraba e honraba ao rapaz de 24 anos.
A Unión do Povo Galego organiza para este serán a súa tradicional concentración conmemorativa da morte de Moncho Reboiras, acaecida en Ferrol en 1975. Nesta ocasión o Estado ven de recoñecer o carácter de víctima do franquismo do militante nacionalista.
A declaración de Moncho Reboiras como unha víctima do franquismo é algo moi importante para a súa familia e para os seus compañeiros, segundo afirma Marisa Vázquez, quen compartiu militancia co militante nacionalista morto en 1975. Para Marisa, "deben valoralo así todos os homes e mulleres que se rebelan contra as inxustizas, contra as dictaduras".
A Comisión Europea iniciará unha investigación preliminar sobre os distintos proxectos de ampliación do parque empresarial de Vilar do Colo entre Fene e Cabanas, segundo lle ven de comunicar o Presidente da Comisión de Peticións Marcin Libicki á Asociación Etnográfica e da Natureza Amig@s do Rio Baa. A autoridade comunitaria salienta que as cuestións relativas a esa ampliación inciden no ámbito de actividades da Unión Europea.
A Unión do Povo Galego organiza para mañá 12 de agosto a súa tradicional concentración conmemorativa da morte de Moncho Reboiras, acaecida en Ferrol en 1975. Nesta ocasión o Estado ven de recoñecer o carácter de víctima do franquismo do militante nacionalista.