Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 23 de Xullo de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

A deputada do BNG en Compostela, Tereixa Paz

O BNG solicítalle á Xunta a creación dun xulgado de violencia de xénero en Lugo

Sociedade 03/07/2009
  Envía a túa opinión

O BNG presentou unha iniciativa na que lle demanda á Xunta de Galicia un xulgado específico de violencia de xénero en Lugo e noutras cidades galegas como Ourense, Pontevedra, Santiago e Ferrol. A encargada de trasladar esta demanda foi a portavoz do BNG na Comisión de Xustiza do Parlamento Galego, Tereixa Paz.


A deputada do BNG en Compostela, Ana Luisa Bouzo

O BNG criticou o aprazamento da primeira fase do apagón analóxico

Sociedade 03/07/2009
  Envía a túa opinión

A portavoz do BNG no Parlamento Galego en materia de sociedade da información, Ana Luisa Bouza, denunciou o aprazamento sen data do apagón analóxico, cuxa primeira fase debería ter comezado o pasado martes 30 de xuño en Galicia. Bouza lembrou que o secretario Xeral de Medios “anunciou o adiamento sen data da fase I do apagamento analóxico e tampouco adiantou as previsións de cumprimento do despregamento da TDT para os apagamentos analóxicos das fases 2 e 3”. Estes teñen como data establecida para todo o Estado o 31 de decembro de 2009 e o 31 de abril de 2010, respectivamente.


Vista do interior do Museo Arqueolóxico de Vilalba

O Museo de Arqueoloxía de Vilalba xa ten o horario de verán

Cultura 03/07/2009
  Envía a túa opinión

O Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba ten novo horario. Co motivo da chegada do verán, esta institución cultural chairega mudou os seus tempos de visita. Todos aqueles que queiran aprender e observar útiles da Idade da Pedra Lascada (Paleolítico, Epipaleolítico e Mesolítico), Idade da Pedra Pulida (Neolítico e Megalitismo), Idade do Bronce (Calcolítico e Idade do Bronce), Idade do Ferro (Mundo Castrexo) e da Época Romana, deberán facelo de 11 a 13.30 horas pola mañá, e de 17.30 a 19.30 pola tarde; de martes a sábado. O domingo só haberá horario de mañá, de 11 a 13.30 horas.


Eduardo Vidal , no centro da imaxe, durante a xuntanza cos representantes das dúas empresas

O CETAL actúa de mediador nun proxecto de comercialización de framboesas

Sociedade 03/07/2009
 3 comentario/s - Envía a túa opinión

A Fundación do Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo (CETAL) ven de actuar como mediador para desenrolar un proxecto de produción e comercialización de framboesas de dúas empresas lucenses, Pazo Vilane e Caurelor. Esta institución puxo en contacto a estas dúas firmas para introducir no mercado un produto elaborado de xeito artesanal.


Casa do Concello de Pol

O PP de Pol lamenta que o pago da indemnización da traballadora despedida saia “das arcas municipais”

Sociedade 02/07/2009
  Envía a túa opinión

O Partido Popular de Pol, a través do seu voceiro, José Luis Fugarolas, acusa ao alcalde da vila lucense, Lino Rodríguez Ónega, de non cumprir coa sentencia do xulgado do Social número 1 de Lugo que obriga a readmitir a unha traballadora deste concello por considerar o seu despido como improcedente. Por elo, o Concello deberá afrontar unha indemnización de uns 15.000 euros, que, segundo o representante popular, “sairán das arcas municipais”.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros