Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 19 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

Casa do Concello de Redondela desde a Alameda

Espantada do PP no Pleno dos orzamentos

Deportes 09/06/2009
  Envía a túa opinión

O goberno local aproba comodamente os orzamentos municipais, con tan só os votos en contra dos dous concelleiros do Partido Galeguista, logo de que os populares se levantaran nada máis iniciarse a sesión e abandonaran a sala. A voceira do PP, Francisca Canal, iniciou o debate criticando que a sesión se convocase ás nove e media da mañá “cando había concelleiros que polas súas obrigas profesionais non podían asistir á sesión” e sen que o horario fose previamente acordado na xunta de portavoces. Xaime Rei afirmou que segundo o regulamento municipal os plenos extraordinarios “son convocados unilateralmente polo alcalde e que a negociación co resto dos grupos se refire exclusivamente aos plenos ordinarios”. Unha explicación que non convenceu aos populares que decidiron abandonar a sesión.


As obras de saneamento concentran a maioría das partidas das contas municipais

A corporación redondelá debaterá mañá os orzamentos para este ano que superan os 21 millóns de euros

Institucional 08/06/2009
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

A partir das 9.30 da mañá celebrarase no Concello de Redondela un pleno extraordinario no que se debaterán os orzamentos deste 2009 que superan en tres millóns o presuposto do ano pasado. En total serán 21.633.0000 euros cos que contará este ano o concello de Redondela. Un esforzo inversor, segundo afirmaba o Concelleiro Delegado de Economía, Emilio González Iglesias, que responden a que o goberno local entende que neste contexto de crise económica é momento de investir. Para iso o concello solicitará un crédito de 3 millóns de euros, o máis importante da historia de Redondela.


O ministro de Fomento José Blanco votou ás 9 da mañá en Lugo nestas eleccións europeas

As europeas polarízanse en Redondela

Sociedade 08/06/2009
 3 comentario/s - Envía a túa opinión

PSOE e PP incrementan o número de votos respecto das eleccións do ano 2004 con practicamente un empate técnico e perden apoio electoral BNG e IU. Cunha participación dun 45’22% do electorado, o PSOE foi a forza máis votada con 4.684 votos, 263 votos máis que no 2004. O PP acortou vantaxe e acadou o respaldo de 4650 electores, 400 máis que hai catro anos.


Rita Otero axudaba aos presos antifranquistas da illa de San Simón

Preséntase o libro Paseando el recuerdo. Mi abuela Rita Otero

Sociedade 06/06/2009
 7 comentario/s - Envía a túa opinión

Unha obra escrita pola neta de Rita Otero, Gracia Regojo Bacardí, que fai un percorrido pola vida da súa aboa. Gracia Regojo naceu en Vigo en 1966, estudiou Dereito na Universidade de Navarra, licenciouse en Dereito Canónico e agora dedícase profesionalmente ao asesoramento de diversas ONG’s de acción social e cultural. Dende 1996 dirixe a Fundación Cume para o desenvolvemento de culturas e pobos e alterna a escritura co seu traballo en proxectos de cooperación.


Cartaz das Festas do Coca do ano 1967

A lenda de Xan Carallás no Multiusos e na Casa da torre

Cultura 05/06/2009
 7 comentario/s - Envía a túa opinión

Esta tarde inaugúrase, dentro da programación da festa da Coca unha mostra a través da cal se repasa a historia desta singular figura, a quen se lle atribúe a fundación da vila dos viadutos. Na exposición do Multiusos poderanse ver múltiples documentos gráficos, diferentes versións das tallas e un vídeo que poderá visionarse na sala.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros