Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 22 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

Os viadutos son a imaxe icónica de Redondela

“A partida” de Saúl Rivas primeiro premio na décima edición do certame de relatos curtos Os Viadutos

Cultura 12/06/2009
  Envía a túa opinión

O mozo, veciño de Santiago de Compostela e de 25 anos de idade recibirá 1200 euros como galardón no certame que anualmente convoca a concellería de Xuventude e poderá ver a súa obra editada por xerais.


Este ano hai relevo na danza das penlas

O pregón a cargo do Fiscal xefe do tribunal Superior de Galicia e a elaboración das tradicionais alfombras florais centran o inicio das festas da Coca

Sociedade 10/06/2009
  Envía a túa opinión

Dende hoxe e ata o vindeiro domingo, Redondela vivirá cinco días de celebración con actividades lúdicas, verbenas, e recreacións medievais. A programación arranca oficialmente esta tarde coa lectura do pregón ás 21:00 horas a cargo do Fiscal Xefe do tribunal Superior de Galicia, Carlos Varela García. A continuación terá lugar unha das novidades deste ano, o relevo de Isabel Veiga quen deixa o seu posto de “burra” logo de 10 anos participando na danza das espadas. Será sustituída por Sonia Ferreira, de 31 anos que se encargará de portar a unha das penlas no tradicional baile.


O prazo para se anotar remata o día 16

Aberto o prazo de inscrición para participar no VI torneo de fútbol sala de Chapela.

Deportes 10/06/2009
  Envía a túa opinión

A cita deportiva que organiza o club de Arealonga co apoio da Concellería de deportes, celebrarase na parroquia redondelán do 19 ao 28 de xuño.


Casa do Concello de Redondela desde a Alameda

Espantada do PP no Pleno dos orzamentos

Deportes 09/06/2009
  Envía a túa opinión

O goberno local aproba comodamente os orzamentos municipais, con tan só os votos en contra dos dous concelleiros do Partido Galeguista, logo de que os populares se levantaran nada máis iniciarse a sesión e abandonaran a sala. A voceira do PP, Francisca Canal, iniciou o debate criticando que a sesión se convocase ás nove e media da mañá “cando había concelleiros que polas súas obrigas profesionais non podían asistir á sesión” e sen que o horario fose previamente acordado na xunta de portavoces. Xaime Rei afirmou que segundo o regulamento municipal os plenos extraordinarios “son convocados unilateralmente polo alcalde e que a negociación co resto dos grupos se refire exclusivamente aos plenos ordinarios”. Unha explicación que non convenceu aos populares que decidiron abandonar a sesión.


As obras de saneamento concentran a maioría das partidas das contas municipais

A corporación redondelá debaterá mañá os orzamentos para este ano que superan os 21 millóns de euros

Institucional 08/06/2009
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

A partir das 9.30 da mañá celebrarase no Concello de Redondela un pleno extraordinario no que se debaterán os orzamentos deste 2009 que superan en tres millóns o presuposto do ano pasado. En total serán 21.633.0000 euros cos que contará este ano o concello de Redondela. Un esforzo inversor, segundo afirmaba o Concelleiro Delegado de Economía, Emilio González Iglesias, que responden a que o goberno local entende que neste contexto de crise económica é momento de investir. Para iso o concello solicitará un crédito de 3 millóns de euros, o máis importante da historia de Redondela.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros