O voceiro do grupo municipal do BNG de Fene presentou esta mañá no Rexistro Municipal toda a documentación coa renuncia dos concelleiros nacionalistas, trala ruptura do pacto de goberno PSOE-BNG confirmada onte.
O vindeiro domingo ponse en marcha unha nova edición do programa Aulas no Camiño que este ano se adica aos “territorios, itinerarios e símbolos”. Afondar no estudo da realidade que atravesa o Camiño de Santiago e profundizar na súa promoción e difusión, son os obxectivos deste proxecto que dirixe o profesor Xosé Leira.
A importancia da alimentación e a educación física en persoas afectadas polo cancro. É o tema dunha charla que se celebrará esta tarde na Casa da Cultura de Fene, a partir das sete e media do serán. O obxectivo desta iniciativa é concienciar aos veciños e veciñas sobre a necesidade de practicar deporte e manter uns hábitos de vida saudables.
O PsdeG PSOE asumirá o goberno de Fene en minoria, con 7 ediles dun total de 17. Non vai haber paralise, nen improvisación, afirmou en roda de prensa o alcalde socialista Iván Puentes, quen quixo mandar unha mensaxe de tranquilidade aos cidadáns do municipio.
“Renovamos e reafirmamos o noso compromiso coa cidadanía de Fene” afirmaron esta tarde os membros do BNG, ao dar conta da decisión adoptada pola formación nacionalista de “poñer o punto e final” ao goberno de coalición que mantiñan ata a data co PsdeG PSOE. “Estaremos a partir dagora coas mans libres para encabezar e respaldar as demandas veciñais” manifestou o voceiro do Bloque Manuel Polo.