Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

Unha das clases da UNED Senior na parroquia de Cambás

A UNED Senior xa abriu o prazo de pre inscrición

Sociedade 26/06/2009
  Envía a túa opinión

A UNED Senior de Xestoso-Cambás xa abriu o seu período de pre inscrición para o vindeiro curso, o 2009-2010.  Para aqueles alumnos que cursaron o primeiro ano e  queren rematar os seus estudos, e para os que queiran inscribirse por primeira vez, poden descargarse o formulario obrigatorio da web da UNED, na dirección www.uned.es/senior.


Imaxe do cambio do trazado

Un muíño obriga a cambiar o trazado da LU-113 entre Rozas e Abadín

Sociedade 26/06/2009
 6 comentario/s - Envía a túa opinión

A LU-113, que une as localidades de Rozas e Abadín, verá modificado o treito que descorre entre Moncelos e Abadín. A razón do cambio de trazado responde á necesidade de preservar un muíño que se encontra no Lugar de Corvite, que constitúe un ben patrimonial e ten un interese etnográfico e cultural para a zona.


As granxas de coellos poden estar en perigo polo descenso dos prezos

A caída do prezo do coello pon en xaque á industria cunícula galega

Sociedade 26/06/2009
  Envía a túa opinión

A caída dos prezos pode por en perigo ás explotacións cunículas en Galicia, segundo estableceron desde o Sindicato Labrego Galego (SLG). O descenso, que foi de mais de 25 céntimos no último mes e medio, ata alcanzar os 1,44 euros actuais, está a provocar o malestar nas granxas de coellos galegas.


O deputado do BNG no Parlamento de Galicia, Henrique Viéitez

O BNG pide unha investigación do accidente laboral en Lugo no que faleceu un traballador e outro resultou ferido de gravidade

Sociedade 26/06/2009
  Envía a túa opinión

O deputado do BNG no Parlamento Galego, Henrique Viéitez, presentou unha iniciativa na que lle demandou á Consellaría de Traballo da Xunta de Galicia que investigue o grave accidente sufrido esta semana por dous traballadores que manipulaban unha estada na cidade de Lugo, consecuencia do cal un morreu electrocutado e o outro sufriu feridas de gravidade.


O BNG reclama un enlace que comunique a A-8 con Ribadeo

O BNG logra un acordo para instar ao Goberno a crear un acceso a Ribadeo desde a A-8

Sociedade 25/06/2009
  Envía a túa opinión

A iniciativa do deputado do BNG, Francisco Jorquera, permitiu á Comisión de Fomento do Congreso dos Deputados aprobar unha instancia ao Goberno para adoptar as actuacións precisas para transformar o semienlace, que actualmente existe na A-8, nun enlace completo para dar servizo ao centro de Ribadeo. Gracias a esta modificación, a vila lucense tería unha saída en dirección Galicia-Asturias.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros