Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

Atletismo, natación, baloncesto, fútbol sala e tenis de mesa competirán en Benidorm

O Racing Clube de Chapela no Campionato de España por Seleccións Autonómicas.

Deportes 03/06/2009
  Envía a túa opinión

Roi Regueiro, Lidia García, Mauro Rodríguez e os redondeláns José Luís Ezana e Loira Fernández foron escollidos como representantes da nosa Comunidade Autónoma nos campionatos de España que se van disputar dende mañá e ata o venres en Benidorm. Os cinco mozos seleccionados, pertencentes á entidade deportiva Racing de Chapela que traballa con deportistas con discapacidade intelectual, terán que enfrontarse na modalidade de natación as seleccións das outras 16 comunidades autónomas.


O programa inclúe unha sesión de jam grafitti

O festival alternativo Millo Verde da un salto cualitativo na súa III edición

Cultura 02/06/2009
  Envía a túa opinión

Aínda que a música segue a ser a protagonista indiscutible desta cita que se vai desenvolver entre o venres e o domingo en Redondela, os organizadores incluíron unha serie de cambios estructurais que perseguen diversificar o público. Así nesta edición atopamos dentro do programa un mercado de troco, unha sesión de Jam Grafitti, xogos para nenos e charlas coloquio.


A charla tratará temas como o cancro de mama

Jorge González Ledo fala de Muller e saúde en Vilar e Negros

Sociedade 02/06/2009
  Envía a túa opinión

Licenciado en educación física e mestre no Ximnasio municipal do Berbés, González Ledo ofrece dúas charlas en Redondela onde abordará temas relacionados con doenzas propias das mulleres como o cancro de mama ou a menopausa pero tamén achegará aos asistentes consellos para mellorar a calidade de vida en xeral e atenderá todas as preguntas que lle achegue o público.


Fotografia: Tomás R.Vigo (www.flickr.com)

Comeza a funcionar Servizos Sociais en Chapela de nove a dúas da tarde

Sociedade 01/06/2009
  Envía a túa opinión

O servizo atenderá a unha poboación de preto de 10.000 persoas das parroquias de Chapela e Trasmañó que non terán que  desprazarse ata o centro urbano de Redondela para poder acceder a estes servizos. Unha descentralización, que segundo apuntaba o Alcalde de Redondela, Xaime Rei, na inauguración do centro, permitirá que a parroquia de máis habitantes de Redondela dispoña do súa propia oficina de Servizos Sociais proporcionándolle maior comodidade aos cidadáns.


Mámoa do Rei en Trasmañó (Fotografia: Pintor de sonos flickr)

Detido un xinete por ir a cabalo borracho en Trasmañó

Sociedade 01/06/2009
  Envía a túa opinión

Os feitos producíronse na noite do sábado na N-552 entre Redondela e Vigo.Axentes da Policía local de Redondela en colaboración coa Policía nacional detiveron o pasado sábado as 23:00 horas a J.B.C, veciño de San Vicente de Trasmañó logo de seren alertados de que un home a cabalo estaba entorpecendo o tráfico na N-552, á altura de Rande, poñendo en grave risco a seguridade vial.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros