Ás 12 do mediodia sae da Praza de María Pita na Coruña a III Marcha Ciclonudista organizada pola Masa Crítica Galega. O percorrido manténse en segredo. A cita ten un marcado carácter festivo, pero sobre todo busca concienciar aos condutores da importancia de respectar aos ciclistas. Radiofusión realizará un seguemento desta convocatoria reivindicativa e festiva.
A parroquia de Barallobre acollerá o vindeiro 4 de xullo, coincindo coa conmemoración do 75 aniversario da inauguración do Monumento ao Camiñante Descoñecido, a terceira Xuntanza dos Barallobre. Máis de medio cento de persoas co apelido Barallobre procedentes de lugares tan diversos como León, Palencia, Cantabria, Madrid ou Andalucia, ademais de distintas partes de Galicia, participaron nas dúas primeiras edicións deste encontro co que se tenta promover o denominado “turismo xenealóxico”, na procura das orixes familiares.
Na liña da Xuntanza dos Barallobre temos que sumar agora unha iniciativa semellante, o xantar dos Permui que tamén se xestou no Concello de Fene.
Os directores dos colexios protestan contra a consulta do idioma impulsada pola Consellería de Educación. Un total de 16 equipos directivos da comarca de Ferrolterra asinaron un documento no que demandan da Xunta que se lles envie por escrito, e nun documento asinado por algún cargo, as súas obrigas.
Comezan a proliferar os anuncios de sardiñadas para a noite de San Xoan. Pero o San Antonio, este sabado, tamén reclama a atención en Neda onde a tradición dos bolos bendecidos sigue viva.
O Concello de Mugardos organiza unha xuntanza interxeneracional “Unha Ponte no Tempo” no parque de Beiramar este sábado día 13 de xuño. Pretenden favorecer a cohesión social entre as distintas xeneracións e a participación das persoas maiores.