Envía a túa opinión
A Asociación Cultural Xermolos de Guitiriz xa ten predefinido o seu cartel para o Festival de Pardiñas, que se celebra o primeiro fin de semana de agosto. O sábado tocarán Muyayos de Raïz, La Belle Image Fanfare, Hedningarna e Banda Potemkin, mentres que o domingo o farán Bloquinho da Salgueira, Lúa de Fouce, Pepe Vaamonde e Pan de Capazo. Sen embargo, non foi isto o único que nos adiantou Blanco Torrado, senón que nos falou da importancia da mocidade e da cultura para un país como Galicia.
Envía a túa opinión
A Biblioteca Pública Provincial de Lugo informa de que pechará as súas instalacións durante quince días, concretamente entre o día 1 e o día 14 do próximo mes de xuño. A razón estriba no remate das obras de rehabilitación que se veñen efectuando nesta instalación cultural.
Envía a túa opinión
O Partido Popular xuntou onte aos seus simpatizantes no Hotel Villamartín de Vilalba par animalos a acudir masivamente ás furnas o vindeiro domingo 7 de maio. Os seus representantes, o alcalde de Vilalba, Gerardo Criado, o deputado provincial en Santiago, Agustín Baamonde, o seu presidente provincial, Xosé Ramón Barreiro, e o seu presidente fundador, Manuel Fraga, coincidiron en sinalar a importancia destes comicios para o futuro de Galicia.
Envía a túa opinión
O PSdeG-PSOE da provincia de Lugo, representado polo seu secretario provincial Luis Ángel Lago Lage, e os voceiros das Agrupacións Municipais Socialistas de Lugo, José Rábade, Guitiriz, Regina Polín, Cospeito; Rosa Morán; Vilalba, Eduardo Vidal Baamonde; Friol; Castroverde; Pol, Lino Rodríguez Ónega e Outeiro de Rei, Miguel Ángel López Varela, mantivo na mañá de hoxe unha xuntanza co comité de empresa de Leche Pascual, representado polo seu presidente Pedro Neira.

Envía a túa opinión
O período de admisión de solicitudes para acollerse ao Programa Leader Galicia 2007-2013 estará aberto a partir do vindeiro luns día 1 de xuño, tal e como adiantou Anxo Fernández, xerente do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) da Terra Chá, que é a institución que xestiona a contía e os proxectos ligados ao Leader. Este plan terá unha axuda para a comarca de 5.370.000 euros para o período comprendido entre 2009 e 2015. A inscrición está aberta a diversos tipos de asociacións de empresarios, de veciños, deportivas, comunidades de montes ou institucións culturais entre outras.