Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 20 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

Mámoa do Rei en Trasmañó (Fotografia: Pintor de sonos flickr)

Detido un xinete por ir a cabalo borracho en Trasmañó

Sociedade 01/06/2009
  Envía a túa opinión

Os feitos producíronse na noite do sábado na N-552 entre Redondela e Vigo.Axentes da Policía local de Redondela en colaboración coa Policía nacional detiveron o pasado sábado as 23:00 horas a J.B.C, veciño de San Vicente de Trasmañó logo de seren alertados de que un home a cabalo estaba entorpecendo o tráfico na N-552, á altura de Rande, poñendo en grave risco a seguridade vial.


Cartaz do Festival alternativo Millo Verde do 2009

Millo Verde, mercado de troco, festas da Coca, Foliada Redondela, ...

Cultura 30/05/2009
 4 comentario/s - Envía a túa opinión

Redondela semella un fervedoiro de actividades culturais e musicais na vindeira semana. Aos actos das festas da Coca, e as alfombras do Corpus, súmase todo o programa do festival alternativo Millo Verde, que traerá á vila a algúns dos grupos máis punteiros da escena musical galega, ademáis de formacións de Catalunya, Murcia e Italia.


O dia do Corpus celébrase este ano o xoves 11 de xuño

As alfombristas do Corpus advirten que a tradición desaparecerá se non se suman as novas xeracións.

Sociedade 30/05/2009
 9 comentario/s - Envía a túa opinión

As mulleres que dende hai días xa están a traballar no Multiusos da Xunqueira nos traballos previos á elaboración das alfombras do Corpus aseguran que ano tras ano son menos os voluntarios que colaboran. O relevo xeracional é un dos grandes problemas cos que se enfronta a tradición, xa que non hai novas mans para realizar a labor de buscar material, ir a pedir flor polos domicilios e, sobre todo, traballar na preparación dos vexetais que teñen que estar a punto na véspera do xoves de Corpus.


Procesión do Venres Santo en Vigo (flickr.com)

O PP denuncia a designación a dedo dos maceiros

Sociedade 29/05/2009
  Envía a túa opinión

O PP denuncia o gasto de diñeiro público en traballos designados por Xaime Rei e acusa ao rexedor local de “favoritista e partidista”.A concelleira popular, Laura Alonso lembra que o propio Rei recoñeceu esta imputación na pasada sesión plenaria logo de afirmar que as persoas que exercen de maceiros nas procesións de Semana Santa e do Cristo dos Navegantes e que reciben pagos de ata 150 euros de diñeiro público por desempeñar eses traballos “son designados a dedo”.


A Policia detectou as infraccións nas inmediacións da ponte de Rande (Fotog: flickr)

Detido un veciño de Redondela por conducción temeraria.

Sociedade 29/05/2009
  Envía a túa opinión

Segundo información da policía local, Xacobo A.F. de 27 anos de idade foi detido onte tras ser localizado realizando diversas manobras non regulamentarias mentres conducía unha motocicleta Yamaha. Os feitos producíanse ás 22:30 horas de onte na estrada nacional 552 á altura de Rande. Unha patrulla da policía que se atopaba na vía que comunica Vigo con Redondela deulle o alto logo de comprobar que conducía a velocidade excesiva nun tramo limitado a 50 Km/h e que realizaba ademais outras infraccións como o cambio de carril nunha zona sinalizada con liña continua.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros