Envía a túa opinión
"Esta é a nosa industria" dicia un alcalde dunha vila situada no camiño de Santiago de Compostela, mirando pola fiestra o paso dos pelegríns. Tamén polo Camiño Inglés, neste verán do ano Xacobeo, pasan diariamente centos de persoas que se dirixen camiñando á capital de Galicia.
Envía a túa opinión
A asociación Singles sin par organiza un encontro para solteiros e solteiras na praia da Magdalena en Cabanas. Tratan de propiciar o coñecemento entre xente afín, con nexos ou vínculos en común.
Envía a túa opinión
A revolta irmandiña lémbrase este sábado en Moeche. A música serve para retrotraerse ao século XV nunha época na que os campesinos mandaron sobre a nobreza e os seus castelos. Nos concertos desta noite actuarán Slainte (Catalunya), Alalé (Irlanda), Quempallou e Roncarela. A partir da medianoite a actriz da Coruña Isabel Risco pronunciará o pregón.
Envía a túa opinión
Moeche acolle mañá sabado 21 de agosto unha nova edición do Asalto Irmandiño ó castelo. Nesta ocasión o Festival adícase especialmente a Esteban e Raquel unha parella de mozos de Moeche, membros moi activos da comisión organizadora do festival, que faleceron nun accidente de tráfico hai só unhas semanas. A parroquia está aínda conmocionada polo suceso e a Asociación Cultural Castelo de Moeche quere homenaxealos mañán.
Envía a túa opinión
Co pregón de Iago García daranse por inauguradas as Festas de Ferrol. Logo da lectura do pregón a praza de España acollerá o Concerto de El sueño de Morfeo. Este ano unha das principais novidades das festas é a ubicación dos concertos, xa que será a Praza de España a que acolla a maioría das actuacións. Mañá sábado será a quenda da maxia, da man do grupo Troula Animación. Pola noite, a música volve á praza de España coa actuación gratuíta de La Excepción. Pola súa banda, no domingo concéntranse as actividades para os máis pequenos na praza de Armas a partir das 6 da tarde. Pola noite chega á praza de España a combinación de tradición e vangarda co espectáculo da Nova Galega de Danza, TRADICCIÓN, ás 10 da noite.