Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 25 de Abril de 2018

Emisoras > Radio Ordes

Información da emisora Novas da emisora

O SLG de Ordes celebra desde hai nove anos a romaría

O SLG de Ordes enxalza a traxectoria de Lidia Senra na súa tradicional romaría

Sociedade 31/08/2011
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

O Sindicato Labrego Galego da comarca de Ordes está a celebrar este mércores, 31 de agosto, a novena Romaría “Por un mundo rural vivo”. O evento comezaba ao mediodía nun lugar de especial simbolismo para o SLG, o entorno da igrexa de Pontoxo, na parroquia das Encrobas, en Cerceda. O motivo, a presentación nesta edición do libro de Tareixa Ledo Regal “Lidia Senra Rodríguez. A historia dun liderado entrañable”, publicado por Edicións Laiovento. No acto de presentación participaron, ademais da autora da obra, a protagonista e secretaria de organización, Lidia Senra Rodríguez; e a secretaria xeral, Carme Freire Cruces.


Paco Rodriguez

Morren en accidente de tráfico tres persoas da mesma familia

Sociedade 27/08/2011
  Envía a túa opinión

Tres persoas da mesma familia -un home e 2 mulleres- faleceron a primeiras horas desta mañá nun accidente de tráfico na estrada que une as localidades de Ordes e Cerceda (A Coruña). O conductor dun automóbil puido quedarse durmido e arrolou aos peóns que se dirixían andando á romería dos Milagres de Caión, distante 30 quilómetros da zona.


O grupo sueco Europe desperta paixóns

De Brincadeira en Ordes

Cultura 11/08/2011
  Envía a túa opinión

No campo da feira de Ordes arrinca hoxe o festival Brincadeira. Os Samesugas, Rosendo, Dios ke te krew e Europe serán algúns dos 40 grupos que actuan nun evento que se prolonga ata o domingo. De xeito paralelo realízase unha exhibición de grafitti e unha feira de artesanía.


Stand de Galicia no Festivald e Lorient

Máis de 8.000 persoas visitaron o stand de Galicia no Festival Intercéltico de Lorient

Sociedade 09/08/2011
  Envía a túa opinión

Durante as actuacións musicais que amenizan o recinto de promoción da comunidade galega no certame francés o público completa sempre o aforo previsto. Os asistentes mostran especial interese pola cultura popular galega, os espazos naturais, a gastronomía e o Camiño de Santiago. Máis de 8.000 persoas visitaron xa o stand instalado pola Consellería de Cultura e Turismo, a través de Turgalicia, da Secretaría Xeral para o Turismo para a promoción da Cultura e o Turismo de Galicia, no Festival Intercéltico de Lorient (Francia), que se está celebrando entre os días 5 e 14 de agosto.


Certame de bandas de música en Ordes

Éxito de público no certame de bandas e no Dia da Muiñeira

Cultura 08/08/2011
  Envía a túa opinión

O auditorio da Casa da Cultura de Ordes encheuse de público para participar nos dous actos programados para esta fin de semana, o Certame de Bandas e o Día da Muiñeira. O sábado foron as bandas as protagonistas nun acto no que participaron a Banda de Música Sementeira de Cambre, e os anfitrións, a Banda de Música de Ordes. Foron centos de persoas as que acudiron a este concerto, entre eles os concelleiros José Ramón Vázquez Raña e Roberto Iglesias que entregaron uns agasallos aos directores de ambas formacións.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros