Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 20 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

Xavier Vence, José Ramón Gómez Besteiro e Yolanda Díaz acudiron ao acto de Montecubeiro

A memoria de Montecubeiro

Sociedade 14/10/2013
  Envía a túa opinión

A parroquia de Montecubeiro, na localidade lucense de Castroverde, acolleu este domingo unha homenaxe ás vítimas do franquismo organizado por Iniciativa Galega pola Memoria e na que as persoas que interviñeron reivindicaron que a "apoloxía do franquismo sexa delito". O lugar elixido para a celebración deste acto foi o escenario no que 15 persoas foron asasinadas no verán de 1937. Entre as vítimas atopábanse tres mulleres Virginia Meilán Varela, Carmen Sarille Lenceiro e Manuela Graña Rico, "as tres mapoulas de Montecubeiro".


Cartel das festas

As festas do San Froilán 2013 programan 120 actividades musicais

Cultura 03/10/2013
  Envía a túa opinión

O San Froilán 2013 preséntase con 150 actividades adaptadas a todos os gustos e reforzando ao ambiente da rúa. Entre o 4 e o 12 de outubro actuarán grupos como Love of Lesbian, Obús, Charo Reina, Os Resentidos, e grupos da cidade como Arrythmia, Vrásica ou Sarabela Folk. Segundo o Concello de Lugo, o festexo, ademais de ser festa e diversión resulta un motor importante para a economía da cidade. Ata 120 dos actos programados son musicais e estarán animando as diferentes rúas da cidade, tanto no centro como nos diferentes barrios. A concelleira de Cultura, Carmen Basadre destacou na presentación do programa que actúan preto de 40 grupos locais “uns 12 ofrecendo concertos e de estilos musicais pop-rock e os outros realizarán os pasarrúas, charangas e grupos de música tradicional. Ademais tamén haberá teatro, danza, o tradicional desfile de gando, a feira medieval, bandas de música, ou espectaculos de lume.


González Capón xustificou os asasinatos do franquismo

PSdeG e BNG acordan pedir o cese do alcalde de Baralla

Institucional 24/09/2013
  Envía a túa opinión

As declaracións do alcalde de Baralla, Manuel González Capón, nas que xustificaba os asesinatos dos opositores ao franquismo, volveron ser reprobadas polo Pleno da Deputación Provincial de Lugo cos votos favorabeis de socialistas e nacionalistas. Así, o acordo plenario pide que o Goberno central inclúa na modificación prevista do Código Penal un artigo para tipificar como delito a exaltación do franquismo e calquera declaración que negue ou rebaixe a gravidade da represión da ditadura. Ademais, a resolución demanda dos responsabeis do PP galego e lucense que destitúan dos seus cargos públicos ao alcalde de Baralla, quen nun pleno municipal extraordinario foi ratificado grazas ao apoio dos seus compañeiros no Partido Popular, que goberna con maioría absoluta nese municipio lucense.


Pablo García

Os socialistas escollen candidato

Sociedade 06/09/2013
  Envía a túa opinión

A militancia do PSdeG PSOE escollerá este sábado ao seu próximo secretario xeral e candidato á presidencia da Xunta, entre José Ramón Gómez Besteiro e Manuel Vázquez. Poderán emitir o seu voto nos locais socialistas entre as 12 da mañá e as 20 horas, segundo o regulamento aprobado. Teñen dereito a voto arredor de 8.000 persoas. De xeito paralelo escóllense as delegacións ao Congreso que os socialistas galegos celebran o 29 de setembro.


O presidente visitóu a Galiña Azul de Vilalba

Núñez Feijoo promete 3.500 prazas públicas en escolas infantís

Sociedade 13/05/2013
  Envía a túa opinión

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijoo, manifestou esta mañá na escola infantil de Vilalba que Galicia incrementará 7000 novas prazas públicas de escolas infantín, durante os oito anos da sua xestión. o presidente engadíu:  “Temos o compromiso e a determinación de manter os servizos públicos fronte á crise priorizando as necesidades, e estamos sendo capaces de abrir novos hospitais, novas escolas infantís e novos centros de saúde. En definitiva, conservar, manter e ampliar os servizos públicos esenciais; e, se na anterior lexislatura puxemos a disposición 3.000 novas prazas públicas de escolas infantís, nesta que acabamos de empezar poñeremos a disposición outras 3.500”. Destas 3.500 novas prazas públicas, Feijóo precisou que neste momento 2.000 están planificadas e asinadas en convenios, “e estamos en condicións de finalizar 700 delas  en 2013”, apuntou.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros