Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 22 de Abril de 2018

Emisoras > Radio Eume

Información da emisora Novas da emisora

O autor de Fábula Galénica, Ignacio Vilariño

Fábula Galénica chega á Capela

Sociedade 08/01/2013
  Envía a túa opinión

A Biblioteca municipal de A Capela (As Neves- A Capela) acolle o mércores 9 de xaneiro ás 17h un espectáculo de títeres para o público infantil: “Fábula Galénica” a cargo da compañía, Fantoches Baj. A obra, de Ignacio Vilariño, foi galardoada co Premio Barriga Verde de textos para títeres. No espectáculo Fábula Galénica, títeres de  luva interpretan dentro dunha preciosa  radio antiga unha divertida historia de  absoluta actualidade que bebe dos contos  populares.


Foto do poboado pontés

O Poboado das Pontes, elexido no Día Mundial da Arquitectura

Sociedade 01/10/2012
  Envía a túa opinión

A delegación ferrolá do COAG de Galicia elixiu o Poboado dás Veigas nas Pontes como “edificio emblemático” no que centrar o Día Internacional de Arquitectura, que se conmemora baixo a lema de “O arquitecto como transformador da cidade”. Construíouse para albergar aos traballadores da mina, entre 1947 e 1951. A delegación coruñesa elexíu a Lonxa do Gran Sol, construída en 1960 polos arquitectos, Félix Calderón e Eduardo García de Dios.


Escea do videoclip coa nena pontesa.

Unha nena de As Pontes, candidata a protagonizar o video da banda islandesa, Sigur Rós

Sociedade 11/09/2012
 68 comentario/s - Envía a túa opinión

O prestixioso productor catalán Xavi Coll apostaba por Galicia para situar o vídeo que propuxo na convocatoria internacional que promovía a banda Sigur Rós para o seu novo video clip. Coa dirección da arxentina Constanza Manescau, púñanse mans á obra no proceso creativo que os levou ata a praia do Trece en Camariñas, onde se gravou este traballo coa base do tema Ég Anda.
Para o papel da nena sobre o que xira a trama contou coa xovencísima Irea Cendán, unha nena de oito anos, de As Pontes, que conta xa con experiencia diante das cámaras, anque facía a súa primeira incursión nun vídeoclip musical.


As Pontes e a micoloxía

As Pontes e o amor pola micoloxía

Sociedade 27/07/2012
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Galicia é un país tradicionalmente micófobo. A suficiencia alimentaria foi unha conquista que chegou no último terzo do século pasado, mais os nosos antepasados nunca recolleron cogomelos nin fungos. Dicir isto é abondar nun tópico, pero convén repetilo e asombrarse ante a evidencia de que o monte e os campos estaban cargados de comida, mentres a ignorancia programada impedía recollela.


A mocidade acota o sitio para a romaría.

Siniestro Total pechará a Romaría da Fraga en As Pontes

Sociedade 23/07/2012
 57 comentario/s - Envía a túa opinión

Declarada de interés turístico, o 25 de xullo celebrase nas Pontes a Romaría da Fraga. Unha cita multitudinaria que chega cada ano precedida de múltiples bocados festeiros. Dende hai días a mocidade da vila acotou a sua parcela para instalarse aí ata o final das festas do Carme. Hoxe luns celebrase o Festival Folklórico internacional. o martes o Festival Folck e o mércores, o mesmo dia da romaría, actúa en As Pontes, Siniestro Total.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros