Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 21 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

Capa do disco Alucinacións Acústicas

A viaxe alucinante e alucinada do Camarada Nimoy

Cultura 19/09/2015
  Envía a túa opinión

Coa música dos Camarada Nimoy fanse viaxes. Sáese das dunas da praia de Samil e pódese chegar en tren a Vulcano. Se é o Vulcano do que procedía o señor Spock de Star Trek ou é un estaleiro vigués, resulta difícil sabelo. A fin de contas, son "Alucinacións acústicas", que é o como se chama o novo disco da banda viguesa. Desta volta comparten temas feitos de xeito doméstico, con percusións caseiras, e un recendo maior a psicodelia nas súas construcións instrumentais. "A nosa música ten unha liña narrativa propia e temos o punto de que os temas son como unha banda sonora dunha idea que imaxinamos", conta o camarada Paulo, guitarrista do grupo.


Concentración hoxe diante do Parlamento de Galicia

O PP négase a investigar o novo hospital de Vigo

Sociedade 15/09/2015
  Envía a túa opinión

O PP fixo valer este martes a súa maioría absoluta no Parlamento para tombar a solicitude que, formulada conxuntamente por AGE e BNG e apoiada por toda a oposición, pretendía abordar nunha comisión de investigación toda a xestión realizada en torno ao novo hospital de Vigo, dende a súa contratación polo modelo público privado ata o controvertido traslado, paralizado tras detectarse a presenza de xermes  e que, segundo anunciou o Servizo Galego de Saúde mentres se desenvolvía o debate na Cámara, será "reiniciado o vindeiro luns" ;.


A xunta de persoal do CHUVI convocou a protesta

Masiva e histórica marcha en Vigo en defensa da sanidade pública

Sociedade 04/09/2015
  Envía a túa opinión

O presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijóo debe mover ficha tras a histórica manifestación de onte en Vigo. 200.000 persoas, segundo a Policía Local, participaron na marcha en defensa da sanidade pública e contra os recortes no novo hospital da cidade. Os manifestantes reclamaron a dimisión da conselleira de Sanidade. A marcha foi unha das máis numerosas da historia da cidade.


Maqueta do novo hospital de Vigo

Convocan 87 prazas de acceso libre para o Sergas

Sociedade 30/06/2015
  Envía a túa opinión

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) convoca un total de 201 prazas por concurso oposición para un total de 11 categorías de diplomados e técnicos sanitarios, a maioría das cales será para auxiliares de enfermaría, con 12. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este martes a convocatoria para  a provisión destas 201 prazas de persoal estatutario do Sergas, despois de que as bases do proceso fosen negociadas e aprobadas en Mesa Sectorial. O prazo de inscrición arranca o 1 de xullo e finaliza o 20 de agosto.


Ana Miranda (BNG) e Elvira Souto (BDS-Galiza)

A Armada de Israel detén a Flotilla da Liberdade e aborda o buque no que viaxa Ana Miranda

Sociedade 29/06/2015
  Envía a túa opinión

O porto de Gaza non recibirá a axuda humanitaria e os paneis solares que transportaba a III Flotilla da Liberdade. A forza naval israelí interceptou a pasada madrugada o buque Marianne, o principal dos catro que viaxaban na misión solidaria internacional para tentar rachar o bloqueo de Israel sobre os territorios palestinos. A bordo da embarcación viaxa, entre outras representantes políticas, a eurodeputada do BNG, Ana Miranda. A embaixada española confirmou a Rumbo a Gaza que non hai feridos entre a tripulación da flotilla despois da intervención militar. Ás 20:30 horas desta tarde desenvolverase unha concentración de protesta e en solidariedade con Palestina na praza do Toural, en Santiago de Compostela. A protesta reproducirase á mesma hora en Ourense, na praza do Ferro; e ás 20 horas en Vigo, diante do MARCO, e na Coruña, ao pé do Obelisco. Tamén haberá unha concentración solidaria en Pontevedra en lugar e hora por concretar.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros