Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 16 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Neria

Información da emisora Novas da emisora

Festa do Percebe do 2010

Aguiño prepara 5.000 racións de percebes

Sociedade 25/07/2012
  Envía a túa opinión

A confraría de pescadores de Aguiño (Ribeira) servirá 5.000 racións na Festa do Percebe que se celebra este domingo 29 de xullo. O máis gorentoso dos produtos do mar comezará a servirse ás 12 do mediodía. Os mariscadores esperan ainda recoller no que queda de semana arredor de dous mil quilogramos de crustáceo.


Libro de Xesús Alonso Montero sobre Castelao e a Unión Soviética

Castelao, debuxante revolucionario

Sociedade 17/07/2012
  Envía a túa opinión

Castelao declárase favorable á organización política e social da Unión Soviética despois da súa visita a aquel país. Atopou alá persoas sensibles para facilitarlle a realización dunha exposición dos albumes Atila en Galicia e Milicianos. Naquel momento Castelao "era o debuxante revolucionario máis importante do mundo", segundo Xesús Alonso Montero, autor de "Castelao na Unión Soviética en 1938", editado por Xerais. O que nunca chegou a ser foi "comunista", precisa o profesor: "Primeiro, porque naceu no seo dunha familia conservadora; segundo, porque foi militante e dirixente dun partido bastante conservador como o Partido Galeguista malia que el tiña un matiz esquerdista; e terceiro, porque foi católico e o catolicismo e o marxismo contradinse". E aínda así, durante aquela viaxe de "un mes mal contado", celebrou a revolución soviética. O entusiasmo enténdese pola sublevación militar en España e a Guerra do 36 que "o fai vivir unha experiencia dramática". Alonso Montero resolve que iso "propiciu no seu espírito que apareza unha actitude máis próxima á causa popular".


Rosa Quintana nas instalacións da depuradora en Bueu

O mexillón de Cabo de Cruz

Sociedade 15/07/2012
  Envía a túa opinión

154 bateas forman a Asociación de Produtores Mexilloeiros de Cabo de Cruz (Asmecruz). Contan cunha central situada en Cabo de Cruz (Boiro) e unha depuradora en Bueu, adquirida en 1986. A entidade pretende obter a certificación IFS (International Food Standard), unha norma de carácter internacional que ten como obxectivo garantir a seguridade da súa marca nos produtos vendidos, así como a transparencia en toda a cadea de subministro.


Pepo Suevos

Pepo Suevos e Oswaldo Digón traballan a cuberto en Noia

Sociedade 29/06/2012
  Envía a túa opinión

Pepo Suevos e Oswaldo Digón ofrecerán esta noite en Noia o seu espectáculo de monólogos R. Pero queren traballar a cuberto e a actuación que, nun principio contábase con realizar na Praza do Tepal, trasládase agora para o pavillón Alonso Rodriguez. Comezarán ás 21,30 horas.


Voluntarios do Prestige

O xuizo do Prestige comezará o 16 de outubro

Sociedade 19/06/2012
  Envía a túa opinión

O xuizo do "Prestige" comezará o 16 de outubro deste ano. A vista, con 2.128 partes personadas, 133 testemuñas, 98 peritos, 51 abogados e 28 procuradores, prolongaráse ata maio do 2013. Como acusados figuran o ex director xeral da Mariña Mercante, José Luís López Sors, o capitán do 'Prestige', Apostolos Mangouras, e dous mariñeiros do petroleiro que verqueu 77.000 toneladas de fuel fronte a Fisterra. "O fuel, entre augas, avanza silandeiro" indicou un técnico francés do batiscafo Nautile.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros