Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 21 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

Francisco Javier Romero Taboada, Jimmy

Detidos presuntos autores do asasinato de Jimmy

Sociedade 16/12/2014
  Envía a túa opinión

Unha trintena de persoas foron detidas esta mañá como presuntas participantes e responsables da morte a paus do afeccionado do Deportivo da Coruña Francisco Javier Romero Taboada, falecido o pasado 30 de novembro. Entre os arrestados atópanse dous dos supostos autores materiais da malleira que causou a morte do seareiro galego nas augas do río Manzanares, segundo precisaron fontes policiais. Un deles é un taxista de Parla, casado e con dous fillos. Todos os arrestados pertencen ao grupo Frente Atlético. A operación desenvolveuse en Madrid, Ávila e Toledo.


Francisco Jorquera critica o tratamento do Ministerio do Interior

Os asesinos de Jimmy seguen soltos, denuncia Jorquera

Deportes 13/12/2014
  Envía a túa opinión

"Aquí houbo un asesinato con ensañamento, apalearon a unha persoa que presuntamente estaba no chán, rompéronlle o cráneo, o bazo e logo o tiraron ao rio" salienta o deputado do BNG Francisco Jorquera. "Hai moitas cousas que esclarecer neste caso, xa que a persoa que faleceu estivo media hora no río sen que ninguén o atendese". Refírese así aos sucesos acaecidos o pasado 30 de novembro en Madrid e que remataron coa morte do afeccionado do Deportivo da Coruña Francisco Javier Romero Taboada "Jimmy".


Cartaz da homenaxe

Homenaxe a María Antonia na Coruña

Sociedade 10/12/2014
  Envía a túa opinión

Dentro da ruta “Da Gaiteira a Monte-Alto. A viaxe ao Gran Sol, sen saír da Coruña”, Xurxo Souto recala este xoves na libraría Couceiro cos seus “Contos do Mar de Irlanda”. Unha cita para dar a coñecer entre os terrícolas a talasonimia das augas que rodean á Coruña, “o Mar de María Antonia”, e honrar a memoria desta muller de Santa Lucía que lles deu nome. Alén do autor participarán no acto, José Carrillo, patrón do Gran Sol, e Luis Dopico e mais Xosé Iglesias, patróns do propio Mar de María Antonia.


Cardenal e Martinez na comparecencia

Interior acusa de información imprecisa ao Deportivo

Sociedade 09/12/2014
  Envía a túa opinión

O secretario de Estado de Seguridade, Francisco Martínez, anunciou hoxe o cesamento dos responsables policiais da coordinación de seguridade do Atlético de Madrid e o Deportivo pola multitudinaria liorta do pasado 30 de novembro na que faleceu un seareiro coruñés, Francisco Javier Romero Taboada, 'Jimmy', nas proximidades do estadio Vicente Calderón. O BNG criticou que na súa intervención non citara ao "Frente Atlético" e reclamou máis axilidade nas investigacións para dar cos causantes da morte.


Francisco Javier Romero Taboada, Jimmy

Morre un afeccionado do Dépor nunha agresión ultra en Madrid

Sociedade 30/11/2014
  Envía a túa opinión

Un home de 42 anos, casado e con dous fillos, morreu a primeiras horas desta mañá despois de ser agredido nas inmediacións do Estadio Vicente Calderón de Madrid, nas horas previas ao partido de fútbol entre o Atlético de Madrid e o Deportivo da Coruña. Os autobuses cos siareiros deportivistas chegaron á zona arredor das nove da mañá e os estaban agardando máis de cen ultras do Frente Atlético armados con paus, navallas e bengalas.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros