8 comentario/s - Envía a túa opinión
Burela inaugura nesta xornada a Semana Europea da Mobilidade. Dende hoxe e ata o 22 de setembro, conmemoráse o día europeo sen coches. O Concello da mariña lucense ven celebrando esta data dende hai tres anos. O primeiro un só día, o ano pasado unha semana enteira como nesta III edición. Burela obtivo o recoñecemento polas actividades realizadas nesta iniciativa. Segundo explicou en Radiofusión, Anxo Rivas de Radio Foz, en toda Galicia foi o único núcleo de poboación de menos de 10 mil habitantes destacado nesta campaña a prol do uso do transporte público.
4 comentario/s - Envía a túa opinión
Amaral ofrecerá un concerto gratuito o sábado 10 de outubro na Praza da Horta do Seminario de Lugo. A actuación forma parte do programa das festas do San Froilán, que tamén incluirá a Revolver e a Los Planetas, segundo confirmaron esta mañá fontes municipais.
7 comentario/s - Envía a túa opinión
Barcelona é a capital do anarquismo mundial en 1909, segundo Manuel Portela Valladares quen ocupará con éxito o Goberno civil aos poucos meses da Semana Tráxica. O propio Portela relata nas súas Memorias, que en 3 meses resolveu o problema, desaparecendo o terrorismo e pacificando as relacións entre o catalanismo e os poderosos sindicatos. Aos poucos anos, o anarquista Salvador Seguí, el Noi del Sucre, -en prisión en Mahón- propoñerá a Portela como gobernador civil de Barcelona.
7 comentario/s - Envía a túa opinión
Un ano máis o mes de agosto en Viveiro (Lugo) ten acento musical. O luns arrincaba o Sonearte 09 co brasileiro Paulinho Lemos e os cubanos Purofilin. Berrogüetto fixeron os honores onte e esta noite Burning e Jaime Urrutia volverán encher a Praza Maior. Cultura gratuíta e música variada e de calidade como comentou no programa Verán Fusión de Radiofusión un dos organizadores do evento, Andrés Gómez. Ata o 29 de agosto pasarán pola localidade da Mariña lucense bandas como Loquillo, Russian Red, The Phantom Keys ou os estadounidenses The Fleshtones.
5 comentario/s - Envía a túa opinión
Un grave accidente acontecido ás once e cuarto desta mañá saldouse con dúas persoas falecidas e outras dúas feridas graves tras unha colisión múltiple producida no concello e Barreiros (Lugo) con tres vehículos implicados. Debido á colisión faleceron os ocupantes dun Renault Clio con matrícula de Vitoria e resultaron feridas graves as dúas persoas que viaxaban nun Ford Focus, mentres que o ocupante dunha furgoneta Iveco saíu ileso.