Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 16 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

A negociación co clube deportivo retrasa a solución

A falta de acordo co club de remo de Chapela obriga a adiar o estudo de viabilidade do centro de deporte da parroquia

Deportes 27/05/2009
  Envía a túa opinión

O futuro centro contará con piscina, ximnasio e spa e estará ubicado na antiga fábrica de Carballo, espazo que deberán compartir coas instalacións do club de remo da parroquia. O concellerio de urbanismo, Emilio González Iglesias, afirma que as pretensións do club son excesivas xa que nun primeiro momento solicitaban 1500 metros cadrados, o que suporía máis do 50% do solar. Dende o concello entenden que no prazo dunha semana terase chegado a un acordo e dende o PSOE defenden que o espazo se reparta, cedendo 500 metros para o club de remo e o resto para o futuro centro de deporte e lecer.


A ONG anima a consumir con conciencia

O comercio xusto en Redondela

Sociedade 27/05/2009
  Envía a túa opinión

A ONG Amarante celebra este xoves en Redondela unha serie de actividades encamiñadas a sensibilizar á poboación na necesidade de desenvolver políticas de consumo responsable e comercio xusto. Baixo o título “Da a cara polo planeta” proxectarase ás 20:00 horas na Casa da Cultura a película China blue, un documental a través do cal o espectador achégase ás condicións das traballadores do téxtil no pais asiático.


O estudo permite descubrir a parroquia polo miúdo

Dar a coñecer Saxamonde

Sociedade 26/05/2009
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Dar a coñecer Saxamonde e por en valor os seus recunchos, a súa historia e os seus valores naturais é o obxectivo que persegue o traballo “Por Saxamonde. Posibilidades dunha iniciativa didáctica” que esta tarde van presentar na parroquia.De carácter reivindicativo pero tamén didáctico, a unidade foi elaborada por profesionais do ensino e diferentes especialista. Trátase dun traballo dirixido principalmente aos centros educativos onde se mostran diferentes aspectos da parroquia a través de oito capítulos correspondentes coas materias escolares. Cada un dos capítulos está dividido en dúas partes. A primeira dedicada á exposición dos contidos teóricos e, a segunda, con propostas de actividades para traballar tanto na aula como no campo.


Os empresarios realizaron unha campaña con ocasión do Dia da Nai

Contra a crise, solo industrial e Plan de Urbanismo

Sociedade 26/05/2009
  Envía a túa opinión

A creación de solo industrial e a aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal son os dous obxectivos que se marca a nova directiva da Asociación de Empresarios de Redondela. O pasado sábado José Antonio Gómez volvía ser reelexido como presidente do colectivo empresarial. Gómez, quen leva xa oito anos ao fronte da asociación, estará acompañado durante os vindeiros catro por Juan Rodríguez Rivas como Vicepresidente, José Santos Dubra como Tesoureiro, Ramón Rodríguez Moreira como Secretario, ademáis nesta nova etapa súmanse novos vocais representando aos diferentes sectores empresariais de Redondela.


Nenos e xovenes no festival de títeres de Redondela

Piden máis seriedade nas politicas da mocidade

Sociedade 26/05/2009
  Envía a túa opinión

Novas Xeracións insta ao futuro concelleiro de xuventude a que “tome máis en serio as políticas de mocidade”. A actual concelleira Isabel Castro renunciou ao seu cargo por motivos profesionais. Dende o PP recriminan á edil socialista que nos últimos dous anos tivera descoidado ás súas responsabilidades políticas como concelleira de xuventude. A edil fará oficial no vindeiro pleno a súa dimisión como membro da corporación municipal logo de renunciar ao cargo por motivos profesionais xa que marchará a Estados Unidos para participar nun proxecto de investigación de bioloxía.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros