Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 18 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

O dia do Corpus celébrase este ano o xoves 11 de xuño

As alfombristas do Corpus advirten que a tradición desaparecerá se non se suman as novas xeracións.

Sociedade 30/05/2009
 9 comentario/s - Envía a túa opinión

As mulleres que dende hai días xa están a traballar no Multiusos da Xunqueira nos traballos previos á elaboración das alfombras do Corpus aseguran que ano tras ano son menos os voluntarios que colaboran. O relevo xeracional é un dos grandes problemas cos que se enfronta a tradición, xa que non hai novas mans para realizar a labor de buscar material, ir a pedir flor polos domicilios e, sobre todo, traballar na preparación dos vexetais que teñen que estar a punto na véspera do xoves de Corpus.


Procesión do Venres Santo en Vigo (flickr.com)

O PP denuncia a designación a dedo dos maceiros

Sociedade 29/05/2009
  Envía a túa opinión

O PP denuncia o gasto de diñeiro público en traballos designados por Xaime Rei e acusa ao rexedor local de “favoritista e partidista”.A concelleira popular, Laura Alonso lembra que o propio Rei recoñeceu esta imputación na pasada sesión plenaria logo de afirmar que as persoas que exercen de maceiros nas procesións de Semana Santa e do Cristo dos Navegantes e que reciben pagos de ata 150 euros de diñeiro público por desempeñar eses traballos “son designados a dedo”.


A Policia detectou as infraccións nas inmediacións da ponte de Rande (Fotog: flickr)

Detido un veciño de Redondela por conducción temeraria.

Sociedade 29/05/2009
  Envía a túa opinión

Segundo información da policía local, Xacobo A.F. de 27 anos de idade foi detido onte tras ser localizado realizando diversas manobras non regulamentarias mentres conducía unha motocicleta Yamaha. Os feitos producíanse ás 22:30 horas de onte na estrada nacional 552 á altura de Rande. Unha patrulla da policía que se atopaba na vía que comunica Vigo con Redondela deulle o alto logo de comprobar que conducía a velocidade excesiva nun tramo limitado a 50 Km/h e que realizaba ademais outras infraccións como o cambio de carril nunha zona sinalizada con liña continua.


As vias de comunicación estrangulan o medre de Redondela

Carlos Pazos: A ampliación da AP-9 precisa de impacto ambiental

Sociedade 29/05/2009
  Envía a túa opinión

O concello de Redondela estuda recorrer a decisión do Ministerio de Medio Ambiente de autorizar a ampliación da AP-9 sen someter o proxecto a evaluación de impacto ambiental. O edil de Medio Ambiente Carlos Pazos afirma que a ampliación da autoestrada afecta a un espacio enmarcado dentro da Rede Natura e que polo tanto “é preceptivo facer o estudo de impacto ambiental”.


A negociación co clube deportivo retrasa a solución

A falta de acordo co club de remo de Chapela obriga a adiar o estudo de viabilidade do centro de deporte da parroquia

Deportes 27/05/2009
  Envía a túa opinión

O futuro centro contará con piscina, ximnasio e spa e estará ubicado na antiga fábrica de Carballo, espazo que deberán compartir coas instalacións do club de remo da parroquia. O concellerio de urbanismo, Emilio González Iglesias, afirma que as pretensións do club son excesivas xa que nun primeiro momento solicitaban 1500 metros cadrados, o que suporía máis do 50% do solar. Dende o concello entenden que no prazo dunha semana terase chegado a un acordo e dende o PSOE defenden que o espazo se reparta, cedendo 500 metros para o club de remo e o resto para o futuro centro de deporte e lecer.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros