Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 21 de Abril de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

A Pastoriza terá unha piscina climatizada

A Deputación inviste 1,6 millóns de euros nunha piscina municipal en A Pastoriza

Sociedade 22/06/2009
  Envía a túa opinión

A Pastoriza contará cunha piscina municipal cuberta e climatizada. O proxecto, aprobado pola Deputación, contará cun orzamento de 1,642. 429 euros que correrá, na súa totalidade, a cargo deste organismo provincial. O Concello chairego aportará os terreos, que estarán situados xunto ao cuartel municipal, no acceso ao centro urbano desde a LU-122.


Fernández Paz plantando a bidueira

Fernández Paz lembra a súa nenez en Vilalba

Cultura 20/06/2009
  Envía a túa opinión

A Asociación de Escritores en Lingua Galega homenaxeou este mediodia en Vilalba ao escritor Agustín Fernández Paz. O literato chairego lembrou a súa nenez na vila de Lugo e agreceu con emoción o acto, lembrando o seu primeiro achegamento á lectura na súa casa familiar. No acto descubreuse un monolito dándolle o nome de Agustín a un parque da localidade.


Andrés Montes, á dereita, fai entrega dos fondos recadados a María José Carrasco

A solidariedade vilalbesa dotará de auga potable a Kapiri, en Malawi

Sociedade 19/06/2009
  Envía a túa opinión

A fraternidade e a solidariedade si son unha característica de Vilalba. A vila chairega amosou a súa capacidade de axudar aos mais desfavorecidos a través do  Maratón Solidario organizado pola Escola de Tae Kwon-Do Moo Duk Kwan, co que se recadaban fondos para dotar de auga potable ao Hospital de Kapiri, en Malawi. A cantidade final doada por particulares e empresas de Vilalba ascendeu, finalmente, a 10.252,22 euros.


A Capoeira foi unha das actividades da festa do ano pasado

Deporte e entretemento uniranse na festa das Escolas Deportivas de Vilalba

Deportes 19/06/2009
  Envía a túa opinión

As Escolas Deportivas, que durante todo o ano ven organizando o Concello de Vilalba, terán o seu fin de tempada o vindeiro martes 23 na Praza da Constitución. Os mais de 670 alumnos, de disciplinas tan dispares como o fútbol sala, triatlón, aeróbic, ioga ou ximnasia rítmica, poderán desfrutar de diferentes actividades nas que primará a diversión por riba de todo.


Imaxe da tractorada de onte en Compostela

O SLG reclama en Bruxelas solucións contra a crise do sector lácteo

Sociedade 18/06/2009
  Envía a túa opinión

A representante do Sindicato Labrego Galego (SLG), Lidia Senra, acudiu hoxe á mobilización labrega en forma de tractorada que tivo lugar na sede da Unión Europea en Bruxelas. Con esta acción, que mobilizou a preto de 3.000 campesiños en 1.100 vehiculos, promovida pola European Milk Board (EMB) e Vía Campesiña, se pretende presionar á institución comunitaria para que modifique as actuais políticas agrarias, acadar a fixación dun prezo mínimo para o leite que cubra custos de produción e traballo, o establecemento dun control público da produción, a redución da cota europea e a redistribución do dereito a producir dos labregos e labregas da Unión Europea.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros