Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 20 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

“Construcciones 2”, unha das obras do catálogo da artista

Ilustracións de Sabela Arias no Multiusos

Cultura 22/05/2009
  Envía a túa opinión

Icía e avoa son as protagonistas das viñetas cómicas que ata o día 5 de xuño poden visitar na sala de exposición do Multiusos da Xunqueira. Trátase dunha selección de ilustracións da pintora e ilustradora Sabela Arias que naceron no ano 2003 e nas que, a modo de conversa, e cunha finísima ironía, unha nena e a súa avoa abordan temas de actualidade ou cuestións cotiás con dous puntos de vista, dúas caras da mesma moeda, só diferenciadas pola experiencia vital.


O grupo ofrecerá sons trobadorescos nunha contorna única

Actuación do Grupo de música antiga Meendinho en San Simón

Cultura 21/05/2009
  Envía a túa opinión

A música antiga e medieval volverá soar esta fin de semana na Illa dentro do programa Espazos Sonoros da Consellería de Cultura. A actuación será as 19:00 horas do sábado con entrada de balde. Para asistir é preciso reservar praza nunha das embarcacións que durante a xornada se trasladan á San Simón dende o peirao de San Adrián de Cobres en Vilaboa.


Compañías de oito países actúan no festival redondelán

“El titiritero de Banfield” chega a Redondela dende Bos Aires

Sociedade 21/05/2009
  Envía a túa opinión

Un moniface rebelde que leva por nome Bobi, cuestiona a viaxe que quere iniciar o seu manipulador. Así comeza a obra “En camino”, unha comedia que esta tarde poderá verse no Multiusos da Xunqueira dentro do Festival Internacional de Títeres. A continuación pasarán polo escenario outras personaxes como a avó margarita, que leva á platea a súa teima por formar parellas e logo chega veto, un bébedo pelexador que transformará o teatro nun bar.


O concurso pretende fomentar o uso do idioma galego

Pretendín atopar a túa alma, pretendín saber onde comezaba, ...

Sociedade 21/05/2009
  Envía a túa opinión

Alexandra Rial e Bárbara Bujía gañadoras do certame Verbas para namorar. Pretendín atopar a túa alma, pretendín saber onde comezaba, onde remataba. Busqueite máis non te atopaba e atopeite mentres non te buscaba. Cheguei a Galicia a miña terra amada. Este texto de Alexandra Rial de 15 anos de idade foi o que resultou gañador na II edición do certame “Verbas para namorar” convocado pola Concellería de Xuventude de Soutomaior e no que se premian aqueles textos cuxo argumento sexa o amor na súa acepción máis ampla.


A zona azul afectará ao campo da feira

Estacionamento limitado no campo da feira de Redondela desde o 1 de xuño

Institucional 20/05/2009
  Envía a túa opinión

O estacionamento será limitado no Campo da Feira a partir do 1 de xuño. Os discos que regularán a zona azul comezarán a repartirse o xoves nas oficinas de Caixanova, nas dependencias da policía local e na Praza de Abastos.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros