Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 17 de Xullo de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

Imaxe da tractorada de onte en Compostela

O SLG reclama en Bruxelas solucións contra a crise do sector lácteo

Sociedade 18/06/2009
  Envía a túa opinión

A representante do Sindicato Labrego Galego (SLG), Lidia Senra, acudiu hoxe á mobilización labrega en forma de tractorada que tivo lugar na sede da Unión Europea en Bruxelas. Con esta acción, que mobilizou a preto de 3.000 campesiños en 1.100 vehiculos, promovida pola European Milk Board (EMB) e Vía Campesiña, se pretende presionar á institución comunitaria para que modifique as actuais políticas agrarias, acadar a fixación dun prezo mínimo para o leite que cubra custos de produción e traballo, o establecemento dun control público da produción, a redución da cota europea e a redistribución do dereito a producir dos labregos e labregas da Unión Europea.


O escritor vilalbés Agustín Fernández Paz

A AELG nomea “Escritor na súa Terra” ao vilalbés Agustín Fernández Paz

Sociedade 18/06/2009
  Envía a túa opinión

A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) dedica a XV Edición do “Escritor na súa Terra” ao vilalbés Agustín Fernández Paz. A decisión, tomada por unanimidade de todos os seus socios, levará parella unha homenaxe ao autor chairego na súa propia vila natal. O acto terá lugar o sábado, a partir das 12.00 horas, e incluirá o nomeamento oficial do parque de As Fontiñas como Parque Agustín Fernández Paz, así como o descubrimento dunha placa conmemorativa do evento, a entrega dunha escultura e un xantar no Parador de Turismo.


Os socios da Asociación de Sete Pontes poderán desfrutar dun bo churrasco

Sete Pontes organiza mañá unha cea para os seus socios e colaboradores

Sociedade 18/06/2009
  Envía a túa opinión

Os empresarios de Sete Pontes abandonarán o traxe e a garabata por un día para manexar con esmero a parrilla e os cubertos. A Asociación de Empresarios do Polígono de Sete Pontes organizará, para mañá venres, a partir das 20.30 horas, unha churrascada no aparcamento do propio Polígono, ao lado da Parrillada.


O dirixente de UUAA, Roberto Gacía, durante unha manifestación labrega

UUAA e XXAA mobilizaranse mañá contra Eroski, Lidl, Carrefour e Día

Sociedade 18/06/2009
  Envía a túa opinión

As organizacións labregas Unións Agrarias (U.U.A.A.) e Xóvenes Agricultores (X.X.A.A.) mobilizaranse mañá diante dos centros comerciais que as cadeas Eroski, Lidl, Carrefour e Día teñen en Santiago, Lugo e A Coruña, Esta acción ten o obxectivo de “denunciar as prácticas monopolísticas que estas distribuidoras están levando a cabo co único obxectivo de forzar ó peche ós produtores galegos para poder colocar no mercado galego e español os excedentes das explotacións de leite alemás e francesas”.


As rúas de Vilalba tinguiranse de colorido na Feira Medieval

Vilalba vivirá no medievo durante a fin de semana

Sociedade 18/06/2009
  Envía a túa opinión

As prazas de Santa María e do Coronel Pena de Vilalba retrocederán no tempo ata situarse no medievo a partir das 11.00 horas de mañá. A IV Edición do Mercado Medieval de Vilalba contará con 37 postos de artesanía e de comida, que ofrecerán os seus produtos durante toda a fin de semana aos visitantes que se acheguen pola capital chairega.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros