Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 21 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

Mano libera logrou un éxito entre o público de Redondela

Scarlattine pecha con Mano libera o X Festival Internacional de Titeres de Redondela

Deportes 25/05/2009
  Envía a túa opinión

Cumpríronse as peores das previsións e a choiva si estivo presente na X edición do festival internacional de títeres de Redondela.  Unhas precipitacións que desluciron o traballo do colectivo Xente titiriteira xa que sobre todo durante a tarde de onte foi preciso improvisar, modificar a ubicación dos espectáculos e incluso pospoñer aqueles cuxo escenario eran as rúas do centro da vila.


A vila do choco será a capital dos títeres esta fin de semana

As rúas de Redondela énchense de monicreques

Cultura 22/05/2009
  Envía a túa opinión

Rúas e prazas do concello encheranse de títeres esta fin de semana. Logo de que a programación de sala arrancara xa o pasado mércores a partir das 12:30 horas de mañá e ata as dez da noite do domingo os espectáculos multiplicaranse nas rúas Alfonso XII, nos xardíns da alameda, na pista da xunqueira e nas prazas do Concello, Alfóndiga, Reveriano Soutullo, Constitución e Ribeira. Uns escenarios que acollerán de xeito simultáneo diferentes espectáculos.


Acto de presentación das conclusións do estudo

Os vecinos de Redondela demandan unha mellora no transporte e un incremento nos servizos de atención á terceira idade

Sociedade 22/05/2009
  Envía a túa opinión

A mellora do transporte entre as parroquias e o centro urbano, o aumento de servizos para a terceira idade, o acceso á asistencia sanitaria básica sen grandes desprazamentos e a axuda nas labores da vida cotiá como a limpeza doméstica ou o servizo de comida preparada a domicilio, son as principais carencias dos redondeláns.


“Construcciones 2”, unha das obras do catálogo da artista

Ilustracións de Sabela Arias no Multiusos

Cultura 22/05/2009
  Envía a túa opinión

Icía e avoa son as protagonistas das viñetas cómicas que ata o día 5 de xuño poden visitar na sala de exposición do Multiusos da Xunqueira. Trátase dunha selección de ilustracións da pintora e ilustradora Sabela Arias que naceron no ano 2003 e nas que, a modo de conversa, e cunha finísima ironía, unha nena e a súa avoa abordan temas de actualidade ou cuestións cotiás con dous puntos de vista, dúas caras da mesma moeda, só diferenciadas pola experiencia vital.


O grupo ofrecerá sons trobadorescos nunha contorna única

Actuación do Grupo de música antiga Meendinho en San Simón

Cultura 21/05/2009
  Envía a túa opinión

A música antiga e medieval volverá soar esta fin de semana na Illa dentro do programa Espazos Sonoros da Consellería de Cultura. A actuación será as 19:00 horas do sábado con entrada de balde. Para asistir é preciso reservar praza nunha das embarcacións que durante a xornada se trasladan á San Simón dende o peirao de San Adrián de Cobres en Vilaboa.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros