Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 26 de Abril de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

Bibliotecas e feiras do libro esfórzanse por promocionar a lectura

Fórmulas de encontamento na biblioteca de Redondela

Sociedade 19/05/2009
  Envía a túa opinión

A actriz Charo Pita será a encargada de impartir un obradoiro para aprender a contar contos. Dirixido a un público adulto, a imaxinación e o aspecto lúdico serán os protagonistas do obradoiro. O obxectivo é que ao rematar o taller  os participantes poidan desenvolver historias que esperten o interese dos cativos e teñan criterio á hora de escoller libros infantís e xuvenís. Tamén se traballará a lectura en voz alta.


The Von Trolley Quartet actuou en Redondela no 2008

Títeres de 11 paises do mundo en Redondela

Cultura 19/05/2009
  Envía a túa opinión

“Entre diluvios” da compañía La Chana teatro inicia este mércores a programación de sala do X Festival Internacional de títeres “Memorial Juanjo Amoedo” en Redondela (Pontevedra). Logo das primeiras actuacións dirixidas exclusivamente aos escolares, mañá mércores arrancan os espectáculos para todos os públicos co traballo “Entre diluvios”. Unha obra na que se combinan os monólogos, a narración oral e o teatro de obxectos e que poderá verse ás 21:00 horas no multiusos da Xunqueira. As entradas poderán adquirirse na billeteira a un prezo de catro euros.


Os especialistas insisten na necesidade de someterse a revisións bianuais despois dos 50 anos

Recollida de sinaturas para demandar unha unidade móbil de detección precoz do cancro de mama

Sociedade 19/05/2009
  Envía a túa opinión

As mulleres de Redondela decidiron organizarse e veñen de poñer en marcha unha campaña de recollida de sinaturas para reclamar que as probas diagnósticas de detección de cancro de mama se realicen novamente en Redondela. Durante as últimas semanas as usuarias deste programa, dirixido a mulleres de idades comprendidas entre 50 e 69 anos, están sendo citadas na Unidade de Exploración de Vigo Nº11, situada na Casa do Mar (rúa Beiramar).


Imaxe da Galipedia desta semana. O Rio Míño en Lugo na wikipedia en galego

“Crónicas da represión lingüística” en Redondela

Cultura 19/05/2009
  Envía a túa opinión

Trátase dunha mostra gráfica e audiovisual sobre a represión lingüística desatada en Galicia a partir do levantamento militar. A realización desta obra expositiva pretende recuperar as vivencias das persoas que viviron os tráxicos sucesos do levantamento fascista e reflexionar sobre as consecuencias que tiveron para elas e o conxunto da nosa sociedade os métodos represivos empregados no noso pais, onde a nosa lingua foi  tamén un obxectivo dese tipo de actuación planificada desde o réxime.


O alcalde de Redondela debería urxir a Costas a rehabilitación do pantalán, segundo o PP

Denuncian o deterioro do pantalán de Cesantes

Cultura 19/05/2009
  Envía a túa opinión

O PP esixe a reforma do pantalán de Cesantes que segundo afirman se atopa nunha situación lamentable e a piques de derrubarse.Os populares presentarán unha moción neste sentido no pleno ordinario deste mes de maio reclamando ao goberno local “que tome as medidas oportunas para solucionar este problema que afecta ós veciños e ós mariñeiros da zona”.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros