Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 19 de Xuño de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

Cartel da ruta

O IESCHA pon en marcha a IX edición da “Ruta Chairega”

Sociedade 11/06/2009
  Envía a túa opinión

A tradicional “Ruta Chairega”, que cada ano organiza o Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), cumprirá, o vindeiro domingo 14 de xuño, a súa IX edición. Nesta ocasión, o camiño que percorrerán os participantes cubrirá unha distancia de 12 quilómetros polas terras de Meira. A ruta de sendeirismo Miño-Eo do municipio lucense foi o espazo escollido para a celebración deste evento.


Os tractores do SLG sairán as rúas galegas o vindeiro 17 de xuño

O SLG mobilizará aos seus tractores o 17 de xuño

Sociedade 11/06/2009
  Envía a túa opinión

O 17 de xuño os tractores dos gandeiros do Sindicato Labrego Galego (SLG) mobilizaranse nas principais comarcas de Galicia para reclamar unha solución á crise que está a vivir o sector agrogandeiro. Con esta acción, a organización agraria pretende que as autoridades implicadas tomen a decisión de “loitar politicamente” para que sexan adoptadas, “dunha vez por todas”, as medidas que “nos permitan ter un prezo que nos cubra os custes de produción e remuneren o noso traballo”.


Regina Polín e Lara Méndez atenden ás explicacións de Eduardo Martínez

Guitiriz baixo o enfoque do fotógrafo Eduardo Martínez

Cultura 10/06/2009
  Envía a túa opinión

A Casa Habanera de Guitiriz acolle unha mostra de fotografía sobre esta vila chairega. Baixo o título de “Guitiriz Latente” esta exposición, que estará aberta ata o vindeiro 10 de xullo, recolle parte da obra que o artista coruñés Eduardo Martínez ten sobre o municipio lucense. A mirada propia e a forma de entender o mundo do fotógrafo é parte indisociable desta colección de instantáneas.


Lara Méndez e Regina Polín durante a presentación

O programa Lugo O2 achega os campamentos de verán a Guitiriz

Sociedade 10/06/2009
  Envía a túa opinión

A Vicepresidenta segunda da Deputación de Lugo, Lara Méndez, e a alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín, presentaron os campamentos destinados a nenos de entre 3 e 16 anos que se desenrolarán na vila durante a segunda quincena de xullo e a primeira de agosto. Esta actividade enmarcarase dentro do programa do organismo provincial, Lugo O2.


O vilalbés Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, estará presente hoxe en Lugo

A Deputación de Lugo inaugura hoxe unha mostra sobre os 25 anos do Consello da Cultura Galega

Cultura 10/06/2009
  Envía a túa opinión

A Deputación de Lugo inaugura hoxe, ás 20.00 horas na súa sala de exposicións, a mostra “Galicia 25. Unha cultura para un novo século. Consello da Cultura Galega 1983-2008”, que permanecerá aberta ata o vindeiro 19 de xullo.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros