Goberno e oposición enfróntanse polas actuacións con cargo ao Fondo Estatal de Inversión Local. O bipartito defende a importancia das obras previstas por valor de 5’1 millóns de euros e os populares critican que as empresas contratadas só vaian dar emprego a 84 parados.
O Multiusos de Arcade acolle este sábado a obra de teatro Un morto moi vivo da compañía Produccións Acontrabutaca. Unha comedia que conta cun elenco de peso: Isi, Dorotea Bárcenas, Chelo do Rejo e Toño Pena. Catro actores que dan vida a unha familia que prepara con bastante antelación un enterro. Unha comedia popular que promete unha longa sesión de risas. A actuación, programada pola Concellería de cultura, será as 22:30 horas este sábado 16 de maio en Arcade.
Yo quiero ser Emilio Cao, tocar el arpa en el Caurel,... Dese xeito irreverente cantaban os de Siniestro Total na década dos 80. Transcurridos 25 anos, os de ST seguen na brecha, ainda ofreceron concertos neste ano 2009 en Madrid e Murcia. E Emilio continua tocando. O vindeiro sábado actuará, nada máis e nada menos, que na illa de San Simón, nas entrañas da ria de Vigo.
A Biblioteca Municipal de Redondela organiza un obradoiro de Banda Deseñada para rapaces de 11 a 14 anos este xoves 14 de maio. O taller, impartido polo ilustrador GoChi,desenvolverase mañá na sala xuvenil da biblioteca en horario de seis a oito da tarde.
Lorena López Rodríguez, veciña de Chapela e concelleira do PP en Redondela, foi elixida esta fin de semana no XIV Congreso do Partido Popular de Galicia para formar parte do novo Comité Executivo. A edil afirmou sentirse satisfeita por formar parte do comité e asegurou que traballará por e para os veciños de Redondela, atendendo as súas necesidades e defendendo os seus intereses.