Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 17 de Xullo de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

A Delegada Provincial de Lugo Raquel Arias

Raquel Arias compón o seu equipo de goberno

Sociedade 05/06/2009
  Envía a túa opinión

A Delegación Provincial de Lugo fixo públicos os novos cargos que secundarán a xestión de Raquel Arias como superdelegada. Así, Marco Antonio Fernández Piñeiro ocupará o posto de secretario territorial da Xunta; Fernando Varela será o asesor de gabinete da Delegación do Goberno Autonómico, mentres que Ernesto Rivera será o encargado de asesorar en materia de comunicación ao organismo provincial. Por outro lado, o enxeñeiro José Manuel Vázquez Leirado propúxose para o cargo de xefe territorial da Consellería de Economía e Industria.


Profesores e alumna antes de comezar unha das clases

Sotavento ensina a conducir ben a mais de 600 persoas

Sociedade 04/06/2009
  Envía a túa opinión

Mais de 600 condutores xa están capacitados para conducir de xeito eficiente gracias aos cursos de condución organizados por Sotavento na provincia de Lugo. Este foi o balanzo de participación realizado pola Fundación eólica desde que en decembro comezase esta formación dirixida a todos os automobilistas lucenses. A media de idade dos alumnos roldou os 40 anos, e a metade das participantes foron mulleres.


Traballadores de Pascual en Outeiro de Rei protestan polo ERE

A Xunta de Galicia rexeita o ERE de Pascual

Sociedade 04/06/2009
  Envía a túa opinión

A Xunta de Galicia informará negativamente sobre o Expediente de Regulación de Emprego (ERE) de Leche Pascual en Outeiro de Rei ao Ministerio de Traballo, que é o organismo competente para dirimir o proceso de autorización do mesmo. Os sindicatos valoraron positivamente o informe autonómico e son optimistas sobre o resultado final, aínda que se manteñen á espera do que poida decidir o executivo español.

 


Existen indicios de fosas comúns da Guerra Civil en Guitiriz e Aranga

Guitiriz e Aranga inician unha investigación para localizar fosas comúns da Guerra Civil

Sociedade 04/06/2009
  Envía a túa opinión

A Asociación Xermolos de Guitiriz, xunto con outras de Aranga e a Asociación da Memoria Histórica de A Coruña están a estudar a existencia de fosas comúns da Guerra Civil nestes dous concellos chairegos. A investigación está aínda no seu comezo, sen que haxa unha cifra aproximada de represaliados. Desde Xermolos tamén se anunciou a futura organización dunhas xornadas paralelas aos traballos de recuperación dos cadáveres, co obxectivo de contribuír á recuperación da historia oral e de “empregar a memoria como arma para combater o esquecemento”, segundo afirmou Alfonso Blanco Torrado, representante da organización chairega.


O Goberno galego alega que Pascual só tivo perdas na gama de iogures, non na do leite

A Xunta tampouco comprende o porqué do ERE de Pascual en Lugo

Sociedade 04/06/2009
  Envía a túa opinión

O Expediente de Regulación de Emprego aberto por Leche Pascual para a súa fábrica de Outeiro de Rei (Lugo) non se xustifica nin polas súas causas económicas, nin polas organizativas ou tecnolóxicas. Así o entende a Consellaría de Traballo dirixida por Beatriz Mato, que desbota as teses defendidas pola firma industrial para proceder á extinción dos 155 postos de traballo existentes na súa factoría galega e que tamén suporía a desaparición dun 10 por cento da plantilla da fábrica burgalesa de Aranda de Duero.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros