Envía a túa opinión
As autopistas de peaxe de Galicia subiron dende as 0 horas deste 1 de xaneiro unha media dun 3 %. De Ferrol a Santiago un automóbil turismo debe aboar 7,45 €. Ata a Coruña a tarifa ascende a 3,85 €. De Coruña a Santiago, Audasa cobra 5,50 e de Santiago a Vigo, 7,85 €. Tamén suben o gas natural, as tarifas de Correos, o IBI e o IRPF. Conxélase o soldo dos funcionarios e o salario mínimo interprofesional.
Envía a túa opinión
O ferrolán Arsenio Fernández de Mesa dirixirá a Garda Civil. É un dos nomeamentos do Consello de Ministros deste 30 de decembro. O goberno presidido por Mariano Rajoy tamén designa a Pilar Farjas como secretaria xeral de Sanidade e a Marta Fernández Currás como secretaria xeral de Presupostos. Núñez Feijóo terá que escoller a vindeira semana ás súas sustitutas nas consellerías de Sanidade e Economía. Non se desbota que a crise da Xunta sexa máis ampla e implique a reducción de departamentos.
Envía a túa opinión
Un mozo perdeu a vida na noite do sábado 24 de decembro nun accidente de tráfico ocorrido en Cedeira, segundo informou a Garda Civil de Tráfico. O sinistro rexistrouse ás 21.50 horas no quilómetro 38,7 da AC-566, en Cedeira. A vítima, G. B., de 23 anos e veciño da localidade, saíuse da vía co seu turismo e bateu contra un muro de formigón.
Envía a túa opinión
O Roger de Flor máis entrañable brilou na Casa da Cultura de Fene. Cun entrañable concerto agasallou aos seus incondicionais. O músico de Limodre actuou na tarde noite de onte por primeira vez na capital do municipio. Presentou o novo disco, “O mundo está loco. loco. Loco” arroupado por un elenco de luxo, formado por Sergei Ismailov, Cabe García, Fran Rey, Victor e o Marqués das Viñas.
Envía a túa opinión
San Valentín terá festas no mes de Febreiro coincidindo co patrono do barrio de Fene (A Coruña). Unha comisión de festas, que conta co apoio do CPS e do Concello de Fene, está a organizar os festexos por todo o alto para a fín de semana do 10 ao 12 de febreiro, con algunhas das mellores orquestras de Galicia. Filadelfia, París de Noia e Fania están aseguradas no cartel. A París de Noia, que actuará o sabado 11 de febreiro, sorprenderá aos asistentes co novo espectáculo preparado para o ano 2012.