Envía a túa opinión
A empresa Urbaser Ferrol acaba de ser sancionada por unha inspección de Traballo. A CIG denunciara hai máis dun ano as irregularidades no eido laboral desta empresa, respecto á recollida do lixo na cidade. 8200 euros é o que terá que pagar a empresa Urbaser Ferrol logo de que se fixese pública a sanción imposta á empresa encargada do servizo do lixo en Ferrol por incumplimento das medidas laborais. O sindicato nacionalista denunciara, hai un ano, á empresa Urbaser por levar acabo as tarefas de recollida de lixo sen o persoal necesario. En concreto a CIG fala de que nos camións de recollida do lixo só viaxe un peón na parte traseira, cando a normativa esixe que nestas tarefas participen 2 peóns. Pola súa banda, Urbaser pagou xa a sanción, pero non mostrou intención de acatar a normativa laboral e comunicoulle ó Comité de Empresa a súa vontade de continuar contando só cun peón na parte traseira dos camións. Dende a CIG reiteran a súa intención de emprender tódalas medidas necesarias ata que a empresa encargada da recollida do lixo acata a normativa.
Envía a túa opinión
Vikingos feneses contra piratas de Redes. Agora os piratas respondenáo asalto. O sabado 21 de agosto arribarán á praia de Almieiras en Limodre para liberar ao seu veciño secuaestrado. Para iso deberán salvar o chorreo de auga que lles caerá ao tomar terra. Pero eles prometen defenderse por terra, mar e...non se sabe se por aire.
Envía a túa opinión
O agrarismo en Ferrolterra deixou a súa pegada ó longo da historia. Este sábado conmemórase o centenario do mitin de San Marco, un fito dentro do movemento agrarista no país. No acto lembrarase a importancia deste movemento social para a comarca e para a liberación social e económica de todos aqueles que vivían da terra hai cen anos. Os actos organizados, tentan evitar do esquecemento feitos como este que contribuíron a que a voz dos labregos se oise e que as inxustizas socias que sufrían desaparecesen co tempo.
Envía a túa opinión
O Fenerock xa ten cartel para a oitava edición que se celebra os dias 17 e 18 de setembro, no paseo marítimo de Fene. Un dos fundadores de Siniestro Total, Miguel Costas, pechará o festival o sabado. A sua concurrencia débese á demanda que os mozos-as do barrio de San Valentín fixeron chegar á organización a través dunha rede social en internet.
Envía a túa opinión
Hai avenidas e ruas denominadas “Marqués de Figueroa” na Coruña, Ferrol, San Sadurniño e Fene, cando menos. Podería parecernos que estamos a falar dun gran benefactor a tenor de tanto espacio público pero quizás non sexa xusto. Quixemos desvelar quén era o Marqués de Figueroa, Juan Armada Losada (Madrid 1861- Abegondo 1932) e situalo no seu momento como noble e político. Xavier Brisset Martín é autor do traballo “Os solidarios ante o invicto marqués” publicado no nº 17 de Catedra. Revista de Estudos Eumeses.